Johnny Mad Dog é un filme franco-liberiano dirixido por Jean-Stéphane Sauvaire que se estreou no 2008. Johnny Mad Dog é unha adaptación dunha novela do escritor congolés Emmanuel Dongala, Johnny Chien Méchant, publicada en 2002.
Sinopse Nun país indeterminado de África, a guerra civil asola a capital. Johhny Mad Dog e os seus amigos, nenos guerrilleiros -tamén chamados "nenos soldado"-, van a doután pola cidade, saqueando, disparando e violando mulleres sen que ninguén ouse pararlles os pés. Johnny ten 15 anos e é un neno soldado armado ata os dentes que se sente habitado polo can feroz que pretende ser algún día. Coa axuda do seu comando, No Good Advice, Small Devil e Young Major, rouba, saquea e destrúe todo o que se cruza no seu camiño. Son adolescentes fascinados polas fantasías do cine americano e a desinformación xogando a facer a guerra. Por outro lado Laokolé, de 13 anos, procura imaxinar ese futuro tan próspero ó que podería conducirlle o seu éxito nos estudos e xunto co seu irmán Fofo, de 8 anos, intenta fuxir da súa cidade, caída en mans das milicias infantís, evitando a toda costa os constantes perigos que asolan as rúas.
Personaxes Christopher Minie como Johnny Mad Dog Daisy Victoria Vandy como Laokole Dagbeh Tweh como No Good Advice Mohammed Sesay como Butterfly Prince Kotie como Young Major Eric Cole como Jungle Rocket Barry Chermoh como Small Devil Leo Boyeneh Kote como Pussy Cat Nathaniel J. Kapeyou como Nasty Plastic Prince Doblah como Capitán Dust to Dust Joseph Duo como Xeneral Never Die Carren Moore como Lovelita Onismus Kamoh como Fofo Terry Johnson III como Joseph Lawrence King como Ibrahim Maxwell Carter como Monsieur Kamara Miata Fahnbulleh como Madame Kamara Massiata E. Kenneh como Tanya Toyo Toe Jackson como Home en bicicleta
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Liberia