Miguel Adolfo Domínguez Alfonso,"Represento renovación pero nuestros votantes seguirán fieles al PP" Faro de Vigo, 27/3/2011. nado na Caniza o 13 de setembro de 1973, é un empresario e político galego do PPdeG.

Traxectoria Despois de finalizar unha diplomatura en Ciencias Empresariais e estudos de Economía cursou un máster en Asesoría Fiscal e Tributación. Iniciou a súa actividade profesional como asesor de empresas en 1999, tras traballar primeiro como contable nunha empresa do sector do metal e como responsable financeiro doutra, á vez que compatibilizaba as tarefas contables na empresa familiar. Está colexiado no Ilustre Colexio de Economistas de Pontevedra desde 1999. Dende 2006 ata 2011 foi presidente do C. F. Cañiza.

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía da Caniza e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2015 resultou reelixido, novamente con maioría absoluta. De 2011 a 2019 foi membro do Consello Escolar de Galicia, e de 2015 a 2019, formou parte da Comisión de Despoboamento creada no seo da FEMP, ademais de ser o único representante de Galicia no Grupo de Traballo Contra o Despoboamento creado na CNAL, dependente do Ministerio de Política Territorial e Función Pública. Foi presidente do GDR Condado-A Paradanta e vicepresidente da asociación de GDR de Galicia en 2018.

Nas municipais de 2019 non logrou a maioría absoluta, polo que perdeu a alcaldía en favor do candidato socialista Luis Antonio Gómez Piña tras lograr este o apoio de Ciudadanos. Nese mandato foi deputado provincial. Nas municipais de 2023 encabezou novamente a candidatura do PPdeG, mais non logrou recupera-la alcaldía dado que o PSdeG revalidou a alcaldía con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Caniza Ligazóns externas "Represento renovación pero nuestros votantes seguirán fieles al PP" Faro de Vigo, 27/3/2011.

Categoría:Alcaldes da Caniza Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1975