La piel que habito é un filme español dirixido por Pedro Almodóvar que se estreou no 2011.

Sinopse Dende que a súa muller sufriu queimaduras en todo o corpo a raíz dun accidente de coche, o doutor Robert Ledgard, eminente cirurxián plástico, adicou anos de estudo e experimentación á elaboración dunha nova pel coa que houbese podido salvala; trátase dunha pel sensíbel ós aloumiños, pero que funciona como unha auténtica coiraza contra toda clase de agresións, tanto externas como internas. Para poñer en práctica este achado revolucionario é preciso carecer de escrúpulos, e Ledgard non os ten. Pero, ademais, necesita unha cobaia humana e un cómplice. Marilia, a muller que o coidou dende neno é a súa fiel cómplice. O problema será atopar á cobaia humana.

Personaxes Antonio Banderas como Robert Ledgard Blanca Suárez como Norma Ledgard Marisa Paredes como Marilia Roberto Álamo como Zeca Jan Cornet como Vicente Guillén Piñeiro Elena Anaya como Vera Cruz Eduard Fernández como Fulgencio

Galardóns e nomeamentos 2011: Festival de Cannes: Premio da Xuventude. Nomeada á Palma de Ouro. 2011: Premios do Cine Europeo: 2 nomeamentos, mellor bso e deseño de produción.

Localizacións Foi filmada en Toledo (El Cigarral), Santiago de Compostela e o Pazo de Oca.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Pedro Almodóvar Categoría:Filmes producidos por Agustín Almodóvar Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes sobre violación e vinganza Categoría:Filmes sobre temática LGBT de España Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics