"To the End" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Blur, editada como sinxelo do seu terceiro álbum, Parklife, o 30 de maio de 1994. A canción describe a unha parella que, sen éxito, intenta superar un mal momento na súa relación. Conta cun acompañamento orquestral completo e ten un coro en francés interpretado por Lætitia Sadier de Stereolab. A canción foi producida por Stephen Hague, a diferenza que o resto do álbum do que se encargou o produtor Stephen Street. Blur realizou distintas gravacións da canción.
Blur tamén publicou unha versión na cal Albarn canta en francés. Esta foi lanzada como terceiro curte do 12" e no CD2 do sinxelo "Parklife".
Listaxe de cancións CD1 "To the End" "Threadneedle Street" "Got Yer!"
CD2 "To the End" "Girls & Boys" (Pet Shop Boys 7" remix) "Girls & Boys" (Pet Shop Boys 12" remix)
Casete "To the End" "Girls & Boys" (Pet Shop Boys 7" remix) "Threadneedle Street"
12" "To the End" "Girls & Boys" (Pet Shop Boys 7" remix) "Girls & Boys" (Pet Shop Boys 12" remix)
Categoría:Sinxelos de 1994 Categoría:Cancións de Blur