O distrito Kayunga é un distrito da Rexión Central de Uganda, que debe o seu nome a súa capital, Kayunga.

Limita co distrito de Amolatar polo norte, co distrito de Buyende polo nordeste, co distrito de Kamuli polo leste, co distrito de Jinja polo sueste, co distrito de Buikwe polo sur, co distrito de Mukono polo suroeste, co distrito de Luweero polo oeste e co distrito de Nakasongola polo noroeste.

O distrito de Kayunga naceu do distrito de Mukono en decembro do ano 2000. Consiste en dous condados, Bbaale e Ntenjeru, e un só un concello, a propia Kayunga.

Segundo o censo do ano 2002, Kayunga tiña unha poboación total de 297.081 habitantes, cunha alta porcentaxe (93,7%) vivindo no rural. A agricultura é o piar principal da actividade económica do lugar, que emprega ao 90% da poboación.

En setembro de 2009, Kayunga quixo separarse do reino tradicional de Buganda, co que o rei de Buganda intentou visitar a zona, mais o goberno de Uganda prohibiullo, provocando revoltas en Kampala.Kampala hit by renewed violence, BBC, 11 de setembro de 2009 Nos sucesos morreron un total de trinta persoas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre o Distrito Kayunga

Kayunga