Byron James "B. J." Mullens, nado o 14 de febreiro de 1989 en Canal Winchester, Ohio, é un xogador profesional norteamericano de baloncesto que xoga actualmente nos Lakeland Magic da NBA G League.

Traxectoria profesional Mullens foi elixido na 24ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Dallas Mavericks. Os seus dereitos foron traspasados aos Oklahoma City Thunder a cambio da 25ª elección, Rodrigue Beaubois e unha futura elección de segunda rolda do Draft.

Durante o lockout da NBA de 2011, Mullens asinou co Panionios BC da liga grega.Mullens Signs One-Year Deal With Panionios Porén, deixou o equipo tras un mes en Grecia, dicindo que quería unirse aos seus compañeiros dos Thunder nos seus adestramentos voluntarios.Thunder's Byron Mullens leaves Greek League team

O 19 de decembro de 2011, Mullens foi traspasado aos Charlotte Bobcats a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2013.

O 22 de xullo de 2013, asinou cos Los Angeles Clippers.Clippers sign center Byron Mullens

O 20 de febreiro de 2014, Mullens foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio dunha futura elección de segunda rolda do Draft.Clippers finalize trades with Hawks and 76ers

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Ohio Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores do Panionios BC Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers