Star Wars é unha película estadounidense de 1977 do subxénero de ciencia ficción space opera, escrita e dirixida por George Lucas; renomeada como Star Wars: Episode IV - A New Hope en 1999. En galego titulouse orixinalmente A guerra das galaxias e tras ser renomeada coñécese como A guerra das galaxias: Episodio IV - Unha esperanza nova ou Star Wars: Episodio IV - Unha esperanza nova. Foi a primeira película que se estreou da saga Star Wars, e ordénase como a cuarta en termos da súa cronoloxía interna. Dous filmes subseguintes continuarían a trama da triloxía orixinal (O imperio contraataca e O retorno do Jedi), namentres que outra triloxía (The Phantom Menace, Attack of the Clones e Revenge of the Sith) describiría os eventos previos a A guerra das galaxias, centrada en torno ó antagonista principal Darth Vader. A estrea desta precuela provocou o cambio no título orixinal da primeira película, que pasou a incorporar o número de episodio IV (catro en numeración romana) e o subtítulo A New Hope («Unha esperanza nova» en galego).
O guión foi redactado por George Lucas mentres dirixía a súa primeira longametraxe, influenciado principalmente polos cómics de Flash Gordon, as películas sobre samurais de Akira Kurosawa e a obra The Hero with a Thousand Faces de Joseph Campbell. Ó finalizar o Festival de Cannes de 1971, Lucas firmou un acordo coa produtora Universal Studios para realizar dúas películas, que máis tarde se converterían en American Graffiti e Star Wars. O elenco estivo integrado por Mark Hamill, Harrison Ford, Carrie Fisher, Peter Cushing, Alec Guinness, Anthony Daniels, Kenny Baker, Peter Mayhew e David Prowse; a rodaxe realizouse na estepa tunisiana, Londres e Guatemala. Os efectos especiais correron a cargo de Industrial Light & Magic, empresa creada especificamente para esta película.
A trama describe a historia dun grupo de guerrilleiros —coñecidos como a Alianza Rebelde— que ten como obxectivo destruír a estación espacial Estrela da Morte, creada polo opresor Imperio Galáctico. Dende unha perspectiva xeral, a historia enfócase nun mozo campesiño chamado Luke Skywalker, quen, de xeito repentino se converte nun heroe conforme acompaña o Mestre Jedi Obi-Wan Kenobi, nunha misión que o levará a unirse á Alianza Rebelde para axudarlles a destruír a estación espacial do Imperio.
A partir do seu lanzamento mundial, o 25 de maio de 1977, foi considerada un fito na historia do cine, principalmente polo uso de efectos especiais innovadores na época. Ademais, é unha das películas de máis éxito de tódolos tempos, así como unha das máis influentes na cinematografía contemporánea. Obtivo sete premios Óscar dun total de dez candidaturas (incluíndo a de «mellor película», que perdeu fronte a Annie Hall de Woody Allen). Star Wars converteuse na película que acadou máis recadación de tódolos tempos, superando a Tiburón (1975), alcanzando unha cifra superior ós 775 millóns USD en todo o mundo, e mantivo o récord ata que foi superada por E.T. the Extra-Terrestrial (1982) de Steven Spielberg. En 1989 a filmoteca National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América engadiu o título á súa escolma, ó considerala unha «película cultural, estética ou historicamente relevante», e en 2004 o National Recording Registry seleccionou do mesmo xeito a banda sonora. O guión de Lucas foi escollido polo gremio Writers Guild of America como un dos mellores xamais redactados.
A película foi reeditada en varias ocasións a instancia de George Lucas, incorporando moitos cambios que inclúen; a adición de imaxes xeradas por ordenador, alteración de diálogos, reedición de secuencias, banda sonora mesturada e escenas engadidas.
Produción A descrición detallada acerca de como se iniciou A guerra das galaxias non puido ser determinada a consecuencia das diferentes declaracións emitidas por George Lucas, as cales tenden a cambiar co transcurso do tempo.Kaminski (2008)
Guión
En 1971 o director George Lucas empezou a concibir as primeiras ideas sobre A guerra das galaxias mentres finalizaba a produción da súa primeira longametraxe, THX 1138, non obstante Lucas desvelou que realmente o proxecto xurdiu incluso antes de dirixir THX 1138.Rinzler (2007), p. 2 Influenciado directamente polas historietas do personaxe ficticio Flash Gordon intentou en van obter os dereitos destas para realizar unha adaptación cinematográfica.Rinzler (2007), p. 4
Tras finalizar a rodaxe da súa primeira película, e en pleno Festival de Cine de Cannes, a compañía United Artists firmou un contrato co director para a realización de dúas películas. A primeira reflectiría a xuventude estadounidense de principios da década de 1960 (American Graffiti), mentres que a outra xiraría en torno a unha space opera denominada The Star Wars. Pero United Artists desligouse do proxecto xusto cando Lucas comezaba a escribir o guión da primeira, no entanto, Universal Studios accedeu a encargarse da produción e distribución do filme, que se estreou en 1973. Tras finalizar American Graffiti o director comezou a enfocar a súa atención en The Star Wars, empezando a redactar os primeiros bosquexos en xaneiro dese mesmo ano. Por aquel entón —aínda se descoñecía a recepción alcanzada por American Graffiti— non contaba cunha estrutura ben definida sobre tódolos detalles relacionados coa space opera.
Primeiros escritos George Lucas consideraba que a mala recepción de THX 1138 era consecuencia do seu carácter sombrío e decidiu que A guerra das galaxias fose máis optimista. A situación política, coa reelección de Nixon e a guerra de Vietnam a punto de concluír, influíu tamén na película.
O proceso de redacción do guión comezou de forma progresiva, conforme Lucas ía engadindo os elementos principais da trama. Deste modo inventou varios nomes que serían asignados a unha personalidade en particular, os cales tiñan en común o feito de posuír unha estraña pronunciación. Malia que a maioría foron descartados en revisións posteriores do escrito orixinal, unha boa parte conseguiu ser introducida no guión definitivo e nas continuacións da película. Entre estes encóntranse «Luke Skywalker» e «Han Solo». De igual xeito outros serían considerados durante a produción da triloxía previa ós sucesos de A guerra das galaxias, sendo o caso do personaxe Mace Windu, quen logo pasou a ser coñecido simplemente como Windu. Deseguido Lucas compilou os seus bosquexos para conformar unha sinopse de dúas páxinas de extensión titulada The Journal of the Whills, relato —acerca do fillo dun famoso piloto que logo sería instruído como aprendiz de «Padawan» por un respectable «Jedi-Bendu»—Rinzler (2007), p. 8 que non tiña moito que ver co escrito que sería considerado para a adaptación cinematográfica. Empeñado en crear un novo escrito que resultase máis comprensible para os estudios UniversalBaxter (1999), p. 142 Lucas decidiu basearse nos elementos narrativos de A fortaleza escondida (1958) do director Akira Kurosawa.Kaminski (2008), p. 50 De xeito similar ó acontecido con Flash Gordon, tentaría adquirir os dereitos para unha nova versión fílmica de A fortaleza escondida, sen progresar tampouco esta vez na súa pretensión.Baxter (1999), p. 158 Finalmente decidiu crear un escrito de 13 páxinas, denominado The Star Wars, inspirado nos filmes de Akira Kurosawa. A sinopse tiña varias similitudes con A fortaleza escondida, co que semellaba un texto idéntico onde a única diferenza radicaba nos nomes e nos escenarios principais da historia.
A negociación con 20th Century Fox Pouco despois de crear o extracto, idéntico a A fortaleza escondida, Universal Studios desligouse da película pensando que o seu orzamento se tornaría demasiado arriscado como para investir nela. Ante isto Lucas reuniuse co produtor executivo de 20th Century Fox Alan Ladd Jr. —fillo do actor de cine negro Alan Ladd—, con quen firmou un contrato para comezar a rodaxe de The Star Wars en xuño de 1973. Probablemente a razón primordial pola cal Alan Ladd Jr. decidiu apoialo era a fe que tiña nas capacidades de George Lucas, quen chegaría a puntualizar; «Ladd investiu en min, non na película».Empire of Dreams: The Story of the Star Wars Trilogy Documental Star Wars Trilogy Box Set DVD, Coa sinatura do contrato o financiamento para o filme alcanzou a cifra de 150 000 USD, co cal o director redactaría o guión e comezaría a rodaxe; a partir da súa última sinopse completou o seu primeiro guión en maio de 1974. miniatura|O Alaskan Malamute de Lucas, chamado Indiana, serviu de inspiración para crear o personaxe de Chewbacca, acompañante de Han Solo. Anos despois o seu nome sería considerado para o icónico aventureiro Indiana Jones.
O primeiro libreto de Star Wars incorporou de novo os jedi, que foran descartados nos anteriores escritos, así como os principais antagonistas da historia, é dicir, os sith. Ademais o protagonista sufriu un cambio radical na súa concepción, pois inicialmente era un xeneral adulto e neste texto comezou a ser descrito como un adolescente.The Characters of Star Wars Star Wars Original Trilogy DVD Box Set: Bonus Materials, Por outra banda o contrabandista do planeta Corellia, Han Solo, era un gran monstro verde con galadas que tiña como acompañante ideal a criatura Chewbacca, inspirada en Indiana (nome do Alaskan Malamute de Lucas, nome que tamén serviría de inspiración para o personaxe de Indiana Jones). Os elementos restantes serían perfeccionados nas seguintes revisións, posto que o cineasta estaba máis concentrado nos eventos do argumento que nos personaxes e escenarios. A sinopse que unha vez chegou a ser idéntica á película de Kurosawa agora comezaba a diverxer coa inclinación de Lucas pola ciencia ficción a partir do estudo e análise dalgunhas películas, libros e cómics distintivos do xénero.Pollock (1999), p. 141–142 Un dos conceptos indispensables que daría forma á trama principal —a relación familiar entre un jedi e o seu fillo, quen logo sería instruído por un dos amigos de seu pai para converterse nun mestre jedi— foi introducida no primeiro guión, a única diferenza xiraba en torno a que o pai era un heroe que aínda vivía durante as primeiras secuencias. Tamén foi descrito por primeira vez o antagonista Darth Vader, quen peculiarmente era visto por Lucas como un heroe caído máis que como un supervilán.
Malia que se entretivo con outros proxectos momentos antes de volver a revisar o guión orixinal, Lucas finalizou un segundo guión en xaneiro de 1975. Este novo escrito aínda presentaba algunhas diferenzas substanciais entre os personaxes e as súas relacións individuais. Por exemplo Luke (apelidado orixinalmente «Starkiller») tiña varios irmáns e seu pai aparecía en escena xusto antes de finalizar a historia. Debido a isto o segundo libreto de Star Wars interpretábase máis ben como un conto de fadas que como un relato de acción e aventura, típico dos escritos anteriores. Cabe mencionar que esta redacción concluía cun texto que avanzaba mencionando os vindeiros acontecementos que continuarían a historia, sendo daquela a primeira vez que se introducía o concepto dos textos que avanzaban pola pantalla para explicar o contexto de cada nova película de Star Wars. Ademais introduciu o concepto da conversión dun jedi á orde escura dos sith, especificamente dun membro notable que optaría por continuar coa súa instrución cun mestre sith para perfeccionar as súas habilidades. Pouco despois o ilustrador Ralph McQuarrie foi contratado para representar os anteriores conceptos en escenas visuais que acompañarían o segundo guión, unha vez que fora entregado ós estudios Fox.
Últimas revisións Un terceiro libreto foi redactado por Lucas e concluído o 1 de agosto de 1975 baixo o título The Star Wars: From the Adventures of Luke Starkiller. Este novo escrito contiña a maior parte dos elementos definitivos da película mais aínda presentaba lixeiras diferenzas nos personaxes e lugares. Por exemplo Luke describíase como un neno a quen lle morrera o pai tempo atrás.