María del Pilar Nóvoa Carcacía, nada en Vilamarín o 13 de abril de 1957 , é unha psicóloga e política galega. Traxectoria Licenciada en psicoloxía e diplomada en Traballo Social, é funcionaria e traballou como psicóloga no sistema de ensino de Galicia. Nas Xerais de 1986 foi elixida deputada polo PSdeG-PSOE na provincia de Ourense, cargo que revalidaría en Xerais de 1989, en 1993 e en 1996. Antes de rematar a súa cuarta lexislatura na Cámara Baixa, en 1999 presentouse nas listas municipais en Ourense do PSdeG-PSOE ás locais, e resultou escollida concelleira pero non recibiu responsabilidades de goberno.

No ano 2000 deu o salto de cámara e foi elixida como senadora nas Xerais dese ano, e ocupou a cadeira ata o ano 2004, en que deixou a política activa e se reincorporou ao seu traballo na atención ao proceso educativo na cidade de Ourense.

Recoñecementos

Gran Cruz da Orde do Mérito Civil en 2004.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Nados en Vilamarín Categoría:Senadores de España polo PSOE Categoría:Nados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes