José Ramón García Vázquez, nado en Betanzos o 18 de marzo de 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE. Traxectoria Incorporouse á política brigantina nas eleccións municipais de 1987, como número 8 da lista do PSdeG-PSOE encabezada por Manuel Lagares Pérez. A vitoria do seu partido permitiulle ser investido como concelleiro e facerse cargo da área de acción rural. Volveu ser elixido concelleiro en todas as eleccións municipais, sempre nas listas do partido socialista, e ocupou diversos cargos na administración local.

Logo da perda da alcaldía polos socialistas nas municipais de 2007, e a posterior dimisión do seu cabeza de lista en novembro dese ano, asumiu a función de portavoz do seu partido na oposición, para posteriormente concorrer ás municipais de 2011 como cabeza de lista e candidato a alcalde. Os seis concelleiros obtidos, unidos aos dous do BNG e ao único logrado polos independentes Cidadáns por Betanzos, permitíronlle formar goberno en minoría e ser investido alcalde o 11 de xuño. Revalidou a alcaldía nas municipais de 2015, subindo a 7 concelleiros e gobernando en minoría.

O 17 de xullo de 2018 presentou a súa dimisión por motivos de saúde, polo que foi substituído pola súa número 2 María Barral Varela.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Betanzos

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Betanzos Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes