Nota: Este artigo trata da letra suplementaria do alfabeto grego. Para a letra latina empregada en Islandia e nas primeiras notacións das linguas xermánicas e que posúe unha forma similar, ver Thorn.
Sho (Maiúscula Ϸ, Minúscula ϸ) era unha letra utilizada para transcribir o bactriano.
Lingüística Ϸ empregábase para transcribir o son dunha consoante fricativa postalveolar xorda (notada [ʃ] en API, pronunciada como o « x » galego) en bactriano, unha lingua indoirania xa estinguida.
Historia En -328, a Bactriana - país situado no norte do actual Afganistán - foi conquistado polos exércitos de Alexandre Magno. En -123, a rexión foi conquistada polos Yuezhi que decidiron adoptar o alfabeto grego para notar a lingua local. A letra sho foi creada para transcribir un son empregado en bactriano pero que non existía en grego.
Representación informática A letra posúe as representacións Unicode seguintes:
Maiúscula Ϸ : U+03F7 ; Minúscula ϸ : U+03F8 ;
Véxase tamén Outros artigos Letras suplementarias do alfabeto grego Þ
Ligazóns externas http://www.opoudjis.net/unicode/nonattic.html#sho
Categoría:Letras gregas