Toyota Iocoama Estadio Toyota Estadio Internacional de Iocoama Capacidade: 45.000 Capacidade: 72.327 200px 200px
A Copa Mundial de Clubs da FIFA 2011 foi a 7ª edición oficial do torneo organizado pola FIFA para determinar o club campión do mundo de fútbol. Despois de 2 anos disputándose en Emiratos Árabes Unidos, no ano 2011 o campionato viaxou de volta ao Xapón, concretamente a Toyota e Iocoama. Os encontros comezaron o 8 de decembro e remataron o 18 de decembro coa final.
Equipos Os equipos participantes foron os 6 campións continentais da AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC, e o equipo campión da liga local, o Kashima Reysol: Fútbol Club Barcelona - (UEFA) Santos Futebol Clube - (Conmebol) Club de Fútbol Monterrey - (Concacaf) Espérance Sportive de Tunis - (CAF) Al-Sadd Sports Club - (AFC) Auckland City Football Club - (OFC) Kashiwa Reysol - (local)
Cadro do torneo Os dous equipos considerados favoritos, como son os campións da Liga de Campións da UEFA e da Copa Libertadores, agardaron rival directamente en semifinais. O FC Barcelona xogou fronte ó Kashiwa Reysol, equipo que eliminou o Auckland City no encontro preliminar, e ó CF Monterrey nos cuartos de final. O Santos FC xogou fronte ó Al-Sadd SC, gañador do encontro de cuartos de final fronte ó Espérance ST. Tanto FC Barcelona como Santos FC gañaron os seus encontros de semifinais, de xeito que a final foi a prevista. Eliminación preliminar8 de decembro - Toyota Kashiwa Reysol 2 Auckland City0 O cadro do torneo na edición 2011 foi o seguinte:
A final estivo dominada dende o comezo polo FC Barcelona, que xa se adiantou por 3 goles a 0 antes do descanso, con goles de Messi, Xavi e Cesc. Na segunda metade Messi anotou un gol máis, e foi elixido mellor xogador da final. Con esta vitoria, o equipo catalán acadou a súa 2ª Copa Mundial de Clubs (trala acadada en 2009), e polo tanto, o seu 17º título internacional (trala Liga de Campións 2010-11 e a Supercopa de Europa 2011).
Véxase tamén Outros artigos Copa Mundial de Clubs da FIFA Liga de Campións da UEFA 2010-11 Ligazóns externas Páxina oficial do torneo na web da Fifa
Categoría:Copa Mundial de Clubs da FIFA Categoría:Futbol Club Barcelona Categoría:Fútbol en 2011