Castor Alonso Bar, nado en Vigo o 16 de abril de 1928 e finado en Madrid o 27 de febreiro de 1987, foi un político, avogado e empresario galego de Alianza Popular.

Traxectoria Licenciado en dereito, dedicouse á industria da peletería e ao comercio. En 1959 creou a empresa Spica, dedicada a elementos tecnolóxicos. Na década dos sesenta, durante o franquismo, foi concelleiro de Vigo e tenente de alcalde con Salvador de Ponte y Conde de la Peña.

Secretario rexional de Alianza Popular a comezos da década dos oitenta, nas Xerais de 1982 foi candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra encabezando a lista da coalición AP-PDP. Só permaneceu unha lexislatura na Cámara Alta, ata 1986, e faleceu meses despois.

A finais da década dos cincuenta estivo na directiva da Asociación de Amigos da Ópera de Vigo. Tamén foi vicepresidente da Federación Española de Rugby e da de balonmán.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Políticos de AP Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes