O distrito de Luweero é un distrito da Rexión Central de Uganda. O nome do distrito provén da súa poboación principal, Luweero. Segundo o censo do ano 2002, a súa poboación estimábase en 336.600 habitantes. A agricultura é o principal sustento económico do lugar.

Limita co distrito de Nakasongola polo norte, co distrito de Kayunga polo leste, co distrito de Mukono polo sueste, co distrito de Wakiso polo sur e co distrito de Nakaseke polo oeste.

A zona coñecida como o tritángulo de Luwero foi escena da insurxencia do Exército de Resistencia Nacional, que deu na guerra civil ugandesa baixo o goberno de Milton Obote, que deixou miles de mortos na primeira metade da década 1980.

No 2005, o condado Nakaseke separouse do distrito de Luweero para formar o distrito de Nakaseke.

O distrito subdivídese nos seguintes concellos:

Bombo Luweero Wobulenzi

Véxase tamén Ligazóns externas About Luweero District

Luwero