Vila Verde da Raia é unha freguesía portuguesa do concello de Chaves. Ten unha superficie de 9,7 km², e en 2001 tiña 855 habitantes (88,1 hab./km²).

Eclesiasticamente está integrada na freguesía de Santo Estêvão pertencente ó arciprestado do Alto Tâmega na diocese de Vila Real.

Xeografía Está situada ao norte do concello de Chaves, xusto no límite co concello ourensán de Verín, separándose da freguesía de Feces de Abaixo a través do río de Feces. Ao oeste está limitada polo río Támega.

Está atravesada pola estrada N-103-5 e pola autoestrada de peaxe A24, continuación da autovía A-75.

Historia Foi creada o 28 de outubro de 1969 co lugar de Vila Verde da Raia da freguesía de Santo Estêvão.

Demografía 1970 1981 1991 2001 2011 Habitantes 810 891 844 855 993

Lugares e freguesías Lugares de Vila Verde da Raia

Freguesías de Chaves

Notas

Categoría:Freguesías de Chaves