José Domingo Posada González, nado en Vigo o 9 de maio de 1940 e finado o 14 de xaneiro de 2013 en Ourense, foi un empresario e político galego.

Traxectoria De pai vigués e nai de Puga, estudou o bacharelato no Instituto de Ourense. Enxeñeiro técnico en química industrial pola Escola Técnica de Vigo (1961). Enólogo e empresario, comezou a desenvolver a súa carreira vencellado ao grupo empresarial alimentario do que xa era socio o seu pai, Cuevas y Cía SA. Para esta compañía desenvolveu unha liña de doces de castaña, marron glacé, que a partir de 1989 comercializou cunha marca propia xa fóra de Cuevas, mediante a súa propia empresa, Posada Marron Glacé, S.L..

Destacado membro da sociedade ourensá, foi presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas ata 1984, e presidente do consello de administración da Caixa de Aforros de Ourense entre 1984 e 1987. Como enólogo escribiu diversas obras e foi presidente do Consello Regulador da denominación de orixe Augardente de Galicia entre 1992 e 1996.

José Posada tamén desenvolveu unha carreira política, pois foi membro de Coalición Galega. En representación deste partido figurou nunha candidatura da Coalición Nacionalista ás eleccións europeas de 1989, na que tamén se integraba o PNV. Nesa lista conseguiu ser deputado no Parlamento Europeo de forma rotatoria entre 1993 e 1994 e de novo en 1999.Fallece el empresario José Posada, creador del marrón glacé gallego Continuou de líder de Coalición Galega durante a longa fase de inactividade desta formación, e conduciuna na súa integración en Compromiso por Galicia en 2012. Tamén desenvolveu un importante labor xornalístico, e foi participante habitual dos parladoiros de Telemiño.

Obras Os viños de Galicia, 1978. Manual de los vinos y aguardientes de Galicia, 1981.Incluído, tamén, na Biblioteca 114. Metafísica del vino, 2001. O desafío do Mercado Común para os viños galegos.

Vida persoal Casou con María do Carmo Henríquez Salido, voceira histórica do reintegracionismo e autora de diversos libros. Faleceu como consecuencia dun infarto mentres durmía"Fallece a los 72 años el empresario José Posada" , ''La Región, 15/1/2013.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info Ficha no Parlamento Europeo

Categoría:Políticos de Coalición Galega Categoría:Europarlamentarios de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Empresarios do sector agrícola Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Europarlamentarios de ALE Categoría:Europarlamentarios de España (1989-1994) Categoría:Europarlamentarios de España (1994-1999)