Francisco Xavier Carro Garrote, nado o 5 de abril de 1964 en Cedeira, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria É un técnico de electricidade e radio en Navantia (Ferrol), onde ademais se afiliou á UXT.

Nas Xerais de 2004 foi escollido deputado nas listas do PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña, onde permaneceu ata o remate da mesma. Nas eleccións de 2008 presentouse de novo como candidato ao Congreso dos Deputados, pero non obtivo escano. Xa que logo incorporouse ao Senado por designación da comunidade autónoma de Galicia, mais só figuraría na Cámara Alta durante pouco máis dun ano: a destitución de César Antonio Molina como ministro de Cultura, e a posterior renuncia ao escano, levaría a Carro de novo ao Congreso dos Deputados.

Non figurou na candidatura socialista ás eleccións de 2011. Ao remate da súa experiencia política regresou ao seu traballo en Navantia.

Vida persoal Está casado e ten dous fillos. É gaiteiro.

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Xavier Carro, blog persoal. Conta persoal de Twitter.

Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Nados en 1964 Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia