O músculo flexor curto do dedo polgar é un músculo do membro superior humano, pertencente á man. Orixínase no tubérculo do trapecio e nas vaíñas extensoras próximas, pero tamén pode haber febras de inserción cara a outros ósos do carpo. Insírese na superficie lateral da base da falanxe proximal do polgar. O seu tendón adoita posuír un óso sesamoide. Funcións O flexor común curto do polgar é un músculo flexor da articulación metacarpofalánxica do primeiro dedo. Innervación Este músculo está innervado pola póla recorrente do nervio mediano. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior .
Categoría:Musculatura do membro superior