miniatura|Xullo ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do s. XV. Xullo é o sétimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome provén do emperador romano Xulio César (Iulius Caesar, en latín). En galego tamén recibe o nome de mes de Santiago, por celebrarse neste mes o día do Apóstolo, e mes da sega, por ser cando se realizaba este labor.
O primeiro sábado de xullo celébrase o Día Internacional das Cooperativas .
Acontecementos O 4 de xullo celébrase a Independencia dos Estados Unidos de América. O 9 de xullo celébrase a Independencia da Arxentina. O 14 de xullo celébrase en Francia o Aniversario da Toma da Bastilla. O 20 de xullo celébrase a Independencia de Colombia. O 25 de xullo celébrase o día de Santiago Apóstolo, patrón de Galicia (polo que se denomina día de Galicia ou día da Patria) e España O 28 de xullo celébrase a Independencia do Perú.
Xullo na cultura popular galega
Notas
Categoría:Meses