Vestio Alonieco era un dos deuses galaicos, vinculado a tradición céltica centro-europea e comparado co deus Cernunnos polas representacións desta divindade como antropomorfos con coroa e cornos, tal e como se amosa nun relevo atopado en Lourizán próximo a dúas aras adicadas a esta divindade."Vestio alonieco, nueva deidad galaica" en Archivo español de arqueología., Vol. 19, No. 63 (1946), p. 110 e "Las aras romanas de Lourizán", en El Museo de Pontevedra, entrega 12, 1944, Bouza Brey, Fermín, 1944

Etimoloxía De acordo con André Pena Graña, o nome de Vestio provén da raíz indoeuropea *Uest-io posiblemente "hospedeiro, accomodation provider", como *gwest mais o sufixo latino -ius; é comparable ao latín hostpit-, de hosti-pot(i)s, *protector dos estranxeiros, hospes, "hospedeiro, invitado, estranxeiro", e semellante ao inglés antigo giest; ao gótico e neerlandés gast; ao antigo eslavo gost, e o antigo frisón jest, [jesthus, hoxe gasthuis, "hospital"]. Segundo o mesmo autor, Alon-ieco provén posiblemente de *al, *h₂el-, do concepto indoeuropeo para alimentar, engordar, nutrir. Al-an* "nútrense, medran"; got. al-jan* (1) 3, sw. V. (1), "engordar" W.: xerm. *alan, st. V., sich nähren "nutrir", Pk 26; ae. al-an, st. V. (6), nähren, hervorbringen; "nutrir, abastecer"] as almas.

Epigrafía As inscricións dedicadas ao deus Vestio Alonieco foron descubertas na parroquia de Lourizán, en Pontevedra, na forma de tres aras votivas. As aras foron descubertas en 1944 encaixadas en dúas casas e un muro. Unha era anepigráfica e as outras dúas estaban consagradas ao Deo Vestio Alonieco. O relevo coa figura do deus apareceu.Silvia Alfayé Villa: "Sobre iconografía y teonimia en el Noroeste peninsular", en Acta Paleohispánica 13 (2013), 189-208.

Descrición A placa na que aparece representado o deus (de 67 x 46 x 16 cm) foi atribuída por Bouza Brey ao deus Aloniecus porque apareceu no mesmo lugar de Lourizán, pero cómpre advertir que as tres aras e a placa co relevo apareceron descontextualizadas. Esta última, segundo Bouza Brey, formaba parte dun "muro de peche da finca propiedade do político Eugenio Montero Ríos, na esquina, á esquerda da estrada [de Pontevedra a Marín] en situación moi baixa".Silvia Alfayé Villa, 194.

O deus aparece como un humano con cornos e co queixo alongado."Las estatuas de PorcunaI, estatuas de guerreros". Boletín de la Real Academia de Historia,1987,405-445 Ten os brazos en cruz rematados nunhas amplas mans abertas. Cuevillas foi o primeiro en relacionalo co deus irlandés Lugh e o seu epíteto "lamfada" (o de longas mans) que xunto con dúas esvásticas gravadas nas súas aras veñen a confirmar as características solares desta divindade, xa que ambos os rexistros iconográficos (mans longas e esvásticas) adoitan aparecer asociados noutros paralelos europeos que teñen un mesmo significado solar que comparte con Lugh e Cernunnos, deuses célticos tamén solares e cornudos."Los pueblos de la Galicia céltica" Francisco Javier González García, Alvaro Arizaga Castro, Ediciones AKAL, 2007.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cernunnos

Categoría:Deuses galaicos Categoría:Deuses animais Categoría:Deidades hastadas