280px|dereita|miniatura|Cesária Évora en Mindelo, a súa terra natal. Cesária Évora, nada en Mindelo o 27 de agosto e 1941 e finada na mesma vila o 17 de decembro de 2011, foi unha cantante caboverdiana, coñecida como a raíña da morna. e tamén como a diva dos pés descalzos, e a intérprete máis coñecida do seu país en todo o mundo.

Traxectoria Cesária Évora naceu na illa de San Vicente, cando esta aínda pertencía a Portugal. Filla dun intérprete de cavaquiño, violín e guitarra, e mais dunha cociñeira, tivo catro irmáns e foi educada primeiro coa súa avoa e logo nun orfanato católico. Dende moi nova comezou a cantar de forma afeccionada, tanto na igrexa coma co seu irmán Lela ao saxofón na praza de Mindelo, e a partir de finais da década dos cincuenta, de forma semiprofesional en bares, hoteis e pequenos cabarés, coma o Café Royal. A partir de 1961 foi contratada como cantante pola empresa pesqueira Congelo, de capital mixto colonial-metropolitano.

A mediados dos anos setenta, coincidindo coa independencia de cabo Verde, Cesária Évora abandona a música e dedícase á súa familia. Tamén son os anos onde comeza a sufrir problemas de alcolismo. Eses anos escuros duran por espazo dunha década, ata que a finais dos oitenta Bana, un cantante e empresario caboverdiano radicado en Portugal) a anima a regresar aos escenarios. En 1988 trasládase a París para gravar o seu primeiro disco de carácter internacional, La diva aux pied nus, a diva dos pés descalzos, titulado así pois Cesária Évora cantaba cos pés descalzos. O promotor deste disco é un emigrante portugués en Francia, chamado José da Silva, que sería o seu produtor polo resto da súa carreira profesional. O éxito deste primeiro disco da súa segunda etapa é tan grande que o leva a conceder diversas actuacións por toda Europa e a gravar o seu segundo álbum, catro anos máis tarde: Miss Perfumado, 1992.

A partir dese ano convértese nun referente internacional da música de Cabo Verde, fundamentalmente en dous xéneros: a morna, un xénero vogal propio das illas e semellante ao fado, e a coladera. Cesára Évora cantaba maioritariamente en crioulo caboverdiano, pero tamén en francés, portugués ou italiano. En 1992 instálase en París. En 2004 conquistou un premio Grammy ao mellor álbum de world music contemporánea.

A partir do ano 2000 ten diversos problemas de saúde, fundamentalmente de corazón, que a levan a diversas operacións, mais non a deixar o tabaquismo. En setembro de 2011, logo de cancelar un conxunto de concertos por estar moi débil, a súa editora Lusafrica anunciou que a cantante puña o punto e final á súa carreira musical.Cesária Évora termina a carreira aos 70 anos , Público.. Faleceu no Hospital Baptista de Sousa como consecuencia dunha insuficiencia cardiorrespiratoria aguda e hipertensión.

Discografía miniatura|A casa de Cesária Évora 1965 - Mornas de Cabo-Verde & Oriondino (disco sinxelo, 45 RPM]], C. Évora & Conjunto) 1987 - Cesária 1988 - Cesária Évora, La Diva aux pieds nus 1990 - Distino di Belita 1991 - Mar Azul 1992 - Miss Perfumado 1994 - Sodade - Les plus belles mornas de Cesaria (Best of) 1995 - Cesária 1995 - Cesária Évora à L'Olympia 1997 - Cabo Verde 1998 - Best of Cesária Évora 1998 - Nova Sintra 1999 - Le monde de Cesária Évora 1999 - Café Atlântico 2001 - Cesária Évora : L'essentiel 2001 - São Vicente di Longe 2002 - Anthology 2002 - Anthologie: Mornas & Coladeras (LP dobre) 2002 - The Very Best of Cesária Évora 2003 - Voz d'Amor 2004 - Les essentiels 2006 - Rogamar 2008 - Rádio Mindelo 2009 - Nha sentimento

DVD 2002 - Live in Paris

Dúos 1999 - É doce morrer no mar (por Dorival Caymmi) cantado con Marisa Monte. 2009 - Capo Verde terra d'amore, vol. 1 (LP, cantado con Teofilo Chantre en italiano)

Outras colaboracións 1995 - Sangue de Beirona Remix (por François K) 1999 - Césaria Evora Remix (por François K e Joe Claussell) 2003 - Carnaval de São Vivente Remix (EP) 2003 - Club Sodade Remixes, Cesaria Evora by… (Carl Craig, Francois Kervorkian, Kerri Chandler, Four Hero, Señor Coconut etc.)''

Actuacións en Galicia Cesária Évora actuou en diversas ocasións en Galicia ao longo da década dos noventa e dos 2000, entre elas en Santiago de Compostela o 10 de novembro de 2005Web do festival Sons da Diversidade .. A súa última actuación foi o 15 de novembro de 2007 na Coruña.

Galardóns Medalla da Lexión de Honra de Francia, en 2009, outorgada polo presidente da República Francesa, Nicolas Sarkozy, e entregada pola ministra de Cultura Christine Albanel.«Légion d'honneur pour Césaria Evora, "diva aux pieds nus et à la voix d'or"», La Dépêche, 9/2/2009.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Web oficial web non oficial

Categoría:Cantantes de Cabo Verde Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Mindelo Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra