Jasmine van den Bogaerde, nada o 15 de maio de 1996, tamén coñecida polo seu nome artístico Birdy, é unha artista inglesa. É coñecida por gañar a competión musical Open Mic UK en 2008, con 12 anos. A súa versión da canción "Skinny Love" de Bon Iver realizouse en xaneiro de 2011, a que facilitou estar no top vinte da lista de sinxelos británicos (UK Singles Chart) e nos dalgúns países europeos. O seu álbum debut "Birdy" saíu á luz o 7 de novembro de 2011.
Vida e carreira profesional 1996–2008: Infancia e carreira profesional Birdy naceu o 15 de maio de 1996 en Lymington, Inglaterra. Súa nai é unha pianista. Birdy aprendeu a tocar o piano cando tiña catro anos e comezou a compor a súa propia música aos sete anos de idade. Actualmente estuda na Priestlands School en Lymington, unha pequena escola pública especializada en artes escénicas e visuais. O seu tío avó foi o actor Sir Dirk Bogarde.BBC news article, Dec 2008.
En 2008, á idade de 12, Birdy gañou o concurso de talentos británico Open Mic UK, derivado da competición Live and Unsigned. Gañou tanto na categoría de menores de dezaoito anos como o gran premio, a outros 10.000 concursantes. Tocou unha canción de seu na competición "So Be Free" diante de 2000 persoas.
2009–Actualmente: Ascenso á fama, contrato discográfico e Birdy Despois do concurso, recibiu unha oferta para firmar un contrato discográfico coa Good Soldier Songs Ltd, dirixida por Christian Tattersfield, presidente da Warner Bros. Music UK e a discográfica 14th Floor Records. Tattersfield xa firmara con anterioridade un contrato con outros cantantes/compositores como, por exemplo, David Gray.BBC.co.uk news article En 2009, Birdy deu unha actuación ao vivo co piano para o programa radiofónico Pianothonda BBC Radio 3's en Londres.BBC 3 Classical Music
En 2011, con 14 anos, Birdy fixo un cover da canción "Skinny Love" de Bon Iver . A canción converteuse no seu primeiro éxito nas listas británicas, obtendo o número 17. O single foi a "Canción da semana" polo DJ de radio británico Fearne Cotton, , o que tivo como resultado que fora engadido a lista de reprodución da BBC Radio 1Radio 1 playlist shows 14th Floor as Birdy's record label despois de ser lanzado no mes de marzo de 2011.Music Week news article O videoclip oficial para a canción foi dirixido por Sophie Muller. Ademais,, a canción apareceu no episodio de Crónicas vampíricas "O sol tamén se ergue", emitido o 5 de maio de 2011. Desde aquela, Birdy fixo diferentes covers como o da canción "The A Team" de Ed Sheeran ou a da canción "Shelter" de The XX', que tamén apareceu no episodio "A fin do romance" de Crónicas vampíricas, emitido o 29 de setembro. "Skinny Love" chegou ao número number 2 nos Países Baixos, e ao un no Top 30 de iTunes.
O 19 de xullo de 2011, Birdy actuou na Live Lounge da BBC Radio 1 .Archived Live Lounge recording Nesta sesión, tocou a cover do tema "Shelter" de The XX e a do "The A Team" de Ed Sheeran. O seu álbum homónimo publicouse o 7 de novembro de 2011; o álbum chegou ao número trece no Reino Unido, ao corenta na Irlanda e ao top 10 na Bélxica e nos Países Baixos.
Discografía Álbums de estudio Nome do álbum Detalles Posicións ENGBEL (VL)BEL IRENL SCOPeak positions for albums on the Scottish Albums Chart: For Birdy: Birdy Primeiro álbum de estudio Lanzado: 7 de novembro de 2011 Discográfica: Warner Music Group 13 6 22 40 2 18
Singles Ano Single Posicións ÁlbumENGBELBELIRENLSCOScottish Peak Positions: For Skinny Love: For People Help The People: 2011 "Skinny Love" 17 3 6 40 1 17Birdy "Shelter" 50 — — — — — "People Help the People" 33 — — — — 322012 "I'll Never Forget You" — — — — — —"—" denota que a canción non se publicou nese país ou que non obtivo ningunha posición.
Notas
Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Hampshire