Edesio Yáñez Gómez, nado en Xares (A Veiga) en 1946, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria Logo de doce anos como concelleiro, nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía da Veiga e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2007 perdeu a alcaldía en favor do socialista Fernando Fernández Yáñez que contou co apoio dos independentes de AEIVE. En novembro de 2009 presentou unha moción de censura co apoio dos dous concelleiros de AEIVE e volveu ser elixido alcaldeO popular Edesio Yáñez toma a alcaldía na Veiga entre os berros dos veciños. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Veiga
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia Noticia en ourensedixital.com
Categoría:Alcaldes da Veiga Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Veiga Categoría:Nados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes