Les vêpres siciliennes (en francés) ou I vespri siciliani (en italiano) (traducido ao galego como As vésperas sicilianas), é unha ópera en cinco actos con música de Giuseppe Verdi e libreto orixinal en francés de Charles Duveyrier e Eugène Scribe, do seu propio drama Le Duc d'Albe, que foi escrito en 1838 e ofrecido a Halévy e Donizetti antes de que Verdi acordase poñerlle música en 1854.Everist, p. 12. Está baseada nuns acontecementos históricos que tiveron lugar en 1282 e que son coñecidos como as Vésperas sicilianas, empregando materiais retirados do baseado nun evento histórico, as Vésperas sicilianas de 1282, utilizando materiais tirados do tratado medieval siciliano Lu rebellamentu di Sichilia. A estrea tivo lugar na Ópera Garnier de París o 13 de xuño de 1855.

Ao igual que ocorreu con Don Carlos, que tamén foi estreada cun libreto en francés, foi traducida rapidamente ao italiano e estreada o 26 de decembro de 1855 no Teatro Regio de Parma. Para esta versión Verdi tivo que axustarse á censura trocando o libreto e o título polo de Giovanna di Guzman. O 4 de febreiro de 1856 estreouse no Teatro alla Scala de Milán unha terceira versión da ópera en italiano e completa que actualmente é a máis coñecida e gravada.

Personaxes Personaxe:FR: Versión francesa orixinal.IT: Tradución italiana con troco de localización e personaxes a Portugal.Post-1861: versións traducidas ao italiano posteriores a 1861, volvendo ás versións italianas dos nomes do orixinal francés.TesituraVersión en francés: Elenco da estrea, 13 de xuño de 1855Lista de cantantes tomada de Budden, p.168 (véxase abaixo)Ópera de París(Director: Narcisse Girard )Versión en italiano:Elenco da estrea, 26 de decembro de 1855Teatro Regio (Parma)(Director: Nicola De Giovanni)FR: Guy de Montfort, gobernador de Sicilia baixo Carlos de Anjou, rei de Nápoles IT: Michele de Vasconcello, un traidor portugués.Budden, pp.238/240 Post-1861: Guido di MontefortebarítonoMarc BonnehéeFrancesco Cresci FR: Le Sire de Béthune, un oficial francésPost-1861: Señor de BethunebaixoThéodore-Jean-Joseph CoulonGuglielmo Giordani FR: Le Comte de Vaudemont, un oficial francésPost-1861: Conde VaudemontbaixoJacques-Alfred Guignot Angelo Corazzani FR: Henri, un xove siciliano IT: EnricoPost-1861: ArrigotenorLouis GuéymardAntonio Giuglini FR: Jean Procida, un doutor siciliano IT: Don Giovanni Ribera Pinto, un capitán portuguésPost-1861: Giovanni da ProcidabaixoLouis-Henri ObinGiorgio Atry FR: La Duchesse Hélène, irmá do duque Federico de Austria IT: Giovanna de Guzman (orixinalmente Helena) Post-1861: ElenasopranoSophie CruvelliCaterina Goldberg Strossi Ninette, su doncellacontraltoClarisse-Françoise Sannier Teresa Lenci Marsili FR: Daniéli, o seu sirvientePost-1861: DanielitenorJean-Jacques Boulo Carlo Salvatore Poggiali FR: Thibault , un soldado francésPost-1861: TebaldotenorM. AimesRaffaele Giorgi FR:: Robert, un soldado francésPost-1861: RobertobarítonoMécène Marié de l'Isle Raimondo Beffagni FR: Mainfroid, un siciliano, partidario de Prócida''Post-1861: ManfredotenorJoseph Koenig Giovanni Battista Garulli

Notas

Véxase tamén Outros artigos Vésperas sicilianas

Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en francés Categoría:Óperas estreadas en París Categoría:Óperas de 1855