Xosé Manuel Rodríguez Martínez, nado en Escairón (O Saviñao) en 1940, é un político galego do BNG.
Traxectoria Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Salamanca, participando nas loitas estudantís universitarias dos anos 64 e 68. Durante o franquismo formou parte da primeira dirección dos Comités de Axuda á Loita Campesiña. Impulsor do Sindicato Agrario Galego-Comisións Labregas na comarca sur de Lugo dende 1975. Militante da UPG, encabezou a candidatura do BNPG no Saviñao nas eleccións municipais de 1979 e foi elixido concelleiro. En 1983 volveu a encabezala candidatura nacionalista, desta xa como BNG, pero non logrou representación desta volta.
Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a Candidatura Independente do Saviñao e foi elixido concelleiro. Foi elixido alcalde grazas ao apoio dos cinco concelleiros de Alianza Popular e un do CDS, que o votaron para impedir que continuase na alcaldía o candidato do PSdeG-PSOE Enrique Pérez Losada. En xaneiro de 1989 foi substituído por unha moción de censura encabezada polo edil do CDS Castor Montes Suárez e que recibiu o apoio dos concelleiros do PSdeG-PSOE. Nas elección municipais de 1991 encabezou a candidatura do BNG e logrou 3 concelleiros, por detrás dos 4 do PSdeG e os 5 do PPdeG. Pese a sumar maioría cos socialistas non fructificou aocordo algún, xa que Rodríguez esixía a alcaldía pese a ter menos votos que os socialistas. Desta forma o PPdeG logrou a alcaldía como forza máis votada.
Continuou como cabeza de lista e portavoz do BNG na oposición, xa que o PP consolidou a alcaldía con maioría absoluta, ata a súa retirada no 2011. Foi candidato ao Congreso polo BNG na provincia de Lugo nas eleccións xerais de 1993 e 2000.La Voz de Galicia, A Mariña, 18-12-1999, p. L44. Animador da vida sociocultural no Saviñao a través da asociación Xan de Forcados.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Saviñao
Categoría:Alcaldes do Saviñao Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes