A Tarraconense (do latín Hispania Citerior Tarraconensis) foi unha provincia romana e despois visigoda de Hispania. A súa capital era a Colonia Iulia Urbs Triumphalis Tarraco, actual Tarragona. Hispania Tarraconensis foi unha das tres provincias romanas en Hispania. Abrangue gran parte da costa mediterránea da moderna España xunto coa meseta central. O sur de España, a rexión agora chamada Andalucía, foi a provincia de Hispania Baetica. No oeste atlántico estaba a provincia de Lusitania, que coincidía parcialmente co actual Portugal.

Xeografía

A provincia Hispania Citerior Tarraconensis, no seu momento de maior extensión, abarcaba unhas dúas terceiras partes da Península Ibérica, e comprendía as rexións ao norte e ao sur do Ebro, desde os Pireneos ao norte ata Sagunto ao sur, o val do Douro, excepto a zona da súa beira meridional entre o Tormes e a súa desembocadura en Cale (Porto, Portugal), os vales do Texo e do Guadiana ata os límites coa Lusitania, e o extremo oriental de Andalucía, ao leste da fronteira da Bética que discorría desde Cástulo (Linares), pasando por Acci (Guadix) ata a Baía de Almería, quedando estas zonas (que durante varios anos pertenceron á Baetica) en territorio tarraconense; ao leste limitaba co mare Nostrum -mar Mediterráneo-, e ao oeste co océano Atlántico e ao Norte co Cantábrico e a cordilleira dos Pireneos, que a separaba do sur da Galia, é dicir, das provincias romanas de Aquitania e Galia Narbonense.

Cunha extensión aproximada de 380.000 km² e unha poboación estimada en 3 ó 3,5 millóns de habitantes (cunha densidade media de 8 ó 9 hab/km²), a Tarraconense foi probablemente, na época da súa creación, a maior provincia do Imperio.Datos procedentes de: K. J. Beloch, La popolazione del mondo greco-romano. Con appendici, Arnaldo Forni Editore, Reimpresión anastática de la edición de 1909, Bologna, 1977, pp 401-402, ISBN 88-271-8103-2,9788827181034

Da Tarraconensis, foron escindidas posteriormente a Gallaecia e a Cartaxinense, ambas por Diocleciano a finais do século III, e a finais do século IV a Balearica da Carthaginensis, sendo transformadas en provincias independentes.

Historia thumb|Tarraconensis no 27 a.C. Os fenicios e os cartaxineses colonizaron a costa mediterránea nos séculos VIII ao VI a. C. Os gregos posteriormente tamén estableceron colonias ao longo da costa. Os romanos chegaron no século II a.C.

A provincia romana imperial chamada Tarraconensis substituíu a Hispania Citerior, que fora gobernada por un cónsul no final da República pola reorganización de Augusto do 27 a. C.

A súa capital estaba en Tarraco (moderna Tarragona, Cataluña). As Guerras cántabras (29 - 19 a.C.) deixaron toda Iberia baixo a dominación romana, dentro da Tarraconensis. Os ástures e cántabros, na costa norte de Iberia foron os últimos que se pacificaron. A Tarraconensis era unha provincia imperial e separouse das outras dúas provincias ibéricas. Lusitania (correspondente ao moderno Portugal), agás a rexión norte do país moderno, ademais da Estremadura española) e da provincia senatorial Hispania Baetica, correspondente ao sur de España, ou Andalucía. Servio Sulpicius Galba, que serviu foi emperador brevemente no 68 e 69, gobernou a provincia desde o 61. Plinio o Vello serviu como procurador na Tarraconensis (73). Baixo Diocleciano, no 293, a Hispania Tarraconensis dividiuse en tres provincias menores: Gallaecia, Cataxinense e Tarraconensis. A provincia imperial de Hispania Tarraconensis durou ata as invasións do século V, comezaron no 409, cando Suevos, Vándalos e Alanos cruzaron os Pireneos e terminaron co establecemento dun reino visigodo.

A invasión deu lugar a unha ampla explotación dos metais, especialmente o ouro, o estaño e a prata. As minas de ouro aluviais das Médulas mostran como os enxeñeiros romanos traballaron os depósitos a grande escala usando varios acuedutos de ata 28 quilómetros de lonxitude para aproveitar a auga das montañas circundantes. Ao executar correntes de auga rápidas sobre as rochas brandas, foron capaces de extraer grandes cantidades de ouro por métodos de minería hidráulica (Ruina montium). Cando o ouro se esgotou, seguiron as costuras auríferas subterráneas por túneles utilizando incendio para romper as rochas con máis ouro. Plinio o Vello conta moi ben os métodos empregados en Hispania, probablemente baseados nas súas propias observacións.

Relixión

A deidade máis popular en Hispania era Isis, seguida pola Magna Mater, a gran nai. As deidades cartaxinesas-fenicias Melqart (unha deidade solar e un deus marítimo) e Tanit - Caelestis (unha raíña-nai con posibles conexións luares) tamén eran populares. O panteón romano absorbeu rapidamente deidades nativas a través da identificación (Melqart converteuse en Hércules, por exemplo, tendo sido tomado polos gregos como unha variante do seu Heracles). Ba‘al Hammon foi o principal deus en Cartago e tamén foi importante en Hispania. Os deuses exipcios Bes e Osiris tamén tiveron un seguimento.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas World of the Imperium Romanum: Hispania Detailed Map of Pre-Roman Peoples in Iberia (around 200 BC) Historical Outline of the Roman conquest of Hispania and the Province of Tarraconensis Spanish site dedicated to Roman technology, especially aqueducts and mines

Categoría:Provincias romanas Categoría:Hispania