Salome é unha ópera nun acto con música de Richard Strauss e libreto en alemán do propio compositor. Tivo a súa estrea o 9 de decembro de 1905 no Königliches Opernhaus de Dresden, logo de ser prohibida en Viena, con Ernst von Schuch como director e Marie Wittich no papel de Salomé. Está baseada na tradución alemá de Hedwig Lachmann da obra en francés Salomé de Oscar Wilde. Strauss adicoulle a ópera ao seu amigo Sir Edgar Speyer.Ficha en IMSLP
A ópera é famosa (en tempos da súa estrea, foi considerada infame) pola súa "Danza dos Sete Velos", considerada escandalosa na época. Actualmente é máis coñecida pola sorprendente escena final (decotío peza de concerto para sopranos dramáticas), onde Salomé declara o seu amor á cabeza cortada de Xoán o Bautista.
Salomé é a primeira ópera que abre novos camiños ao xénero tralo impacto wagneriano e sintonizou coas novas correntes que o mundo de Berlín incorporara ao teatro, no que coexisten simbolismo e decadentismo cun expresionismo incipiente. Acollida con entusiasmo, malia o escándalo que logo suscitaría en Berlín, Londres ou Nova York, converteuse nunha das óperas do século XX máis admiradas e representadas.Nas estatísticas de Operabase para 2017/2018 aparece no posto 43 das óperas máis representadas a nivel mundial.
Personaxes PersonaxesTesituraElenco na estrea, 9 de decembro de 1905Director: Ernst von SchuchHerodes, Tetrarca de Xudea e PereatenorKarel BurianHerodías, súa dona (e cuñada)mezzosopranoIrene von ChavanneSalomé, súa fillastra (e sobriña)sopranoMarie WittichJochanaan (Xoán o Bautista)barítonoKarl PerronNarraboth, Capitán da gardatenorRudolf Ferdinand JägerO paxe de HerodíascontraltoRiza EibenschützPrimeiro xudeutenorHans RüdigerSegundo xudeutenorHans SavilleTerceiro xudeutenorGroschCuarto xudeutenorAnton ErlQuinto xudeubaixoLéon RainsPrimeiro nazarenobaixoTheodor KruisSegundo nazareno tenorFriedrich PlaschkePrimeiro soldadobaixoFranz NebuschkaSegundo soldadobaixoErwinUn capadociobaixoErnst WachterUn escravosoprano/tenorMaria KeldorferInvitados reais (exipcios e romanos), e o seu séquito, serventes, soldados (todos mudos).
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Richard Strauss Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas de 1905