Ibi é unha poboación e división administrativa do Estado de Taraba, en Nixeria. A poboación atópase na marxe sur do río River. O río Taraba máis o río Donga cruzan esta división.

É unha das dezaseis Áreas de Goberno Local do Estado Taraba.Ten unha área de 2.672 km2 e unha poboación segundo o censo de 2006 de 84.054 habitantes.

Historia Ibi está localizado na que foi ruta tradicional de comercio dos igbo do leste, cruzado pola ruta comercial do río Benue.Afigbo, A. E. (1997) "Southeastern Nigeria, the Niger-Benue Confluence, and the Benue in the Precolonial Period: Some Issues of Historiography" History in Africa 24: pp. 1-8, p.4 Formou parte do reino Jukon (1720-1815) coa capital, Kororofa, a 35 millas ao leste (río arriba).Duggan, E. de C. (1932) "Notes on the Munshi ("Tivi") Tribe of Northern Nigeria: Some Historical Outlines" Journal of the Royal African Society 31(123): pp. 173-182, p.173-174 Tras a invasión dos fulani, Ibi converteuse en parte do Emirato de Muri (1817-1892). Como o resto de Muri, estivo baixo o goberno francés de Louis Mizon desde 1892 a 1893.

Polo ano 1899, a Niger Company estableceu un centro comercial en Ibi, e por 1901, estableceuse un servizo telegráfico cara a Lokoja.Arnott, D. W. (1958) "Councils and Courts among the Tiv--Traditional Concepts and Alien Institutions in a Non-Moslem Tribe of Northern Nigeria" Journal of African Law 2(1): pp. 19-25, p. 19 Os británicos tomaron o seu control en 1900 e estableceron Ibi como centro administrativo do oeste de Muri. Como o algodón era o principal cultivo da zona, chegaron máquinas de vapor para o algodón a principios dos anos 1920.Duggan, E. de C. (1922) "The Cotton Growing Industry of Nigeria" African Affairs 21(83): pp. 199-207, p. 203

O festival de pesca de Nwonyo é unha das maiores celebracións da área.

Notas

Categoría:Áreas de goberno local de Nixeria