miniatura|250px|Ligamentos da articulación acromioclavicular. O ligamento acromioclavicular superior é un ligamento do membro superior humano, pertecente á articulación acromioclavicular, situada no ombreiro. Ten forma rectangular e cobre a parte superior da articulación. Orixínase na parte superior do acromion e se insire na parte máis medial ou interna da clavícula. As súas febras crúzanse coas dos ligamentos conoide e deltoide. Se existe disco interarticular, contacta coa parte posterior do ligamento acromioclavicular superior. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Ligamentos do membro superior
en:Acromioclavicular ligament