Alejandro Menéndez García, nado en Xixón o 12 de xullo de 1966, é un adestrador de fútbol español. En xaneiro de 2025 comezou a adestrar o Racing de Ferrol.

Traxectoria Comezou a adestrar na Escola de fútbol de Mareo nas categorías inferiores do Sporting de Xixón. En 2004 gañou a Copa de Campións de División de Honra Xuvenil, e un ano despois quedou subcampión desa mesma competición e na Copa do Rei Xuvenil.

Posteriormente o Real Madrid contratouno para o seu equipo xuvenil e gañou de novo a Copa de Campións en 2006

No ano 2007 fichou polo Celta de Vigo B, na Segunda División B, equipo ao que dirixiría ata 2010, salvo un breve tempo no que dirixiu o primeiro equipo nas últimas xornadas da tempada 2007/08 para substituír a Antonio López.

En 2009 foi contratado polo Real Madrid Castilla, pero en 2011 foi cesado e substituído por Alberto Toril.

O 5 de marzo de 2013 fichou polo Racing de Santander, en substitución de José Aurelio Gay. En xullo foi substituído por Paco Fernández.

En 2025 fichou polo Racing de Ferrol.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do Real Madrid Castilla Categoría:Adestradores do Racing de Santander Categoría:Adestradores do Buriram United FC Categoría:Adestradores do Celta de Vigo B Categoría:Adestradores do Racing de Ferrol