Horacio Gómez Araújo, nado en Tomiño o 5 de setembro de 1953, é un empresario galego e foi presidente do Real Club Celta de Vigo entre 1995 e 2006..

Traxectoria Propietario da empresa de distribución de bebidas Disgobe, fundada en 1975, foi presidente do Real Club Celta de Vigo entre 1995 e 2006.

Foi número dous nas listas do PPdG nas eleccións municipais de Vigo en 1999 no concello de Vigo, e saíu elixido concelleiro e deputado provincial, mais deixou os cargos en febreiro de 2001. No ano 2011 foi condenado a dous anos de inhabilitación pola súa xestión do equipo, aínda que a petición do fiscal era moito máis elevada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do presidente en celtavigo.net

Categoría:Presidentes do Celta de Vigo Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes