París-Niza (en francés Paris-Nice) é unha carreira ciclista francesa por etapas creada en 1933 por Albert Lejeune, director do xornal Le Petit Niçois. É coñecida como a Carreira do Sol pola mellora meteorolóxica que adoita acompañar o tránsito da carreira do norte ao sur de Francia. Historia
Por mor da segunda guerra mundial a París-Niza desapareceu trala edición de 1939. En maio de 1946 volvesue celebrar, mais non tivo continuidade os anos seguintes. En 1951 o xornalista Jean Leulliot recuperou a carreira, que dende entón se disputa ininterrompidamente cada mes de marzo. Entre 1951 e 1953 tomou o nome de «Paris-Côte-d'Azur». En 1954 retomou o nome orixinal de «París-Niza», que só se modificou en 1959 cando se disputou como «París-Niza-Roma». Esta foi a edición máis longa da historia da carreira, con 1955 km percorridos en 11 etapas.
Entre 1982 e 1999, Josette Leulliot, filla de Jean Leulliot, asumiu a dirección da carreira, que foi traspasada a Laurent Fignon en 2000 e 2001. Dende 2002 a carreira de París-Niza é propiedade da sociedade A.S.O., organizadora do Tour de Francia e o París-Dakar entre outros eventos deportivos.
Dende a súa creación, a París-Niza foi unha das probas máis importantes do calendario, e por iso, entre os seus gañadores se atopa un gran número de ciclistas ilustres, entre os que destacan Sean Kelly (vencedor de sete edicións consecutivas de 1982 a 1988), Jacques Anquetil, Fred De Bruyne, Eddy Merckx, Raymond Poulidor, Joop Zoetemelk, Miguel Indurain, Tony Rominger, Laurent Jalabert ou Alberto Contador.
A pesar do seu nome, a carreira non sempre comeza en París senón en cidades próximas ou do sur da capital francesa. Dende 1998, a última etapa finaliza no paseo da Promenade des Anglais de Niza. Con anterioridade, dende 1973 ata 1995, a carreira terminaba nunha cronoescalada ao Col d'Eze. Como transición, as edicións de 1996 e 1997 finalizaron cun sector contra o reloxo entre Antibes e Niza. A derradeira ou penúltima etapa acostuma ter un longo percorrido de montaña pasando polo alto da Turbie e a Col d'Eze. Outro fin de etapa habitual é o Mont Faron, nas proximidades de Toulon.
Palmarés
miniatura|Alexander Vinokourov, gañador nos anos 2002 e 2003. miniatura|dereita|Thomas Voeckler, gañador da cuarta etapa da edición do 2011. miniatura|dereita|Percorrido da París-Niza 2015. Ano Gañador Segundo Terceiro 1933 Alphonse Schepers Louis Hardiquest Benoît Faure 1934 Gaston Rebry Roger Lapébie Maurice Archambaud 1935 René Vietto Antoine Dignef Raoul Lesueur 1936 Maurice Archambaud Jean Fontenay Alfons Deloor 1937 Roger Lapébie Sylvain Marcaillou Albert van Schendel 1938 Jules Lowie Albertin Disseaux Albert van Schendel 1939 Maurice Archambaud Frans Bonduel Gérard Desmet Edicións suspendidas pola segunda guerra mundial (1940-1945) 1946 Fermo Camellini Maurice De Muer Frans Bonduel Edicións suspendidas (1947-1950) 1951 Roger Decock Lucien Teisseire Kléber Piot 1952 Louison Bobet Donato Zampini Raymond Impanis 1953 Jean-Pierre Munch Roger Walkowiak Roger Bertaz 1954 Raymond Impanis Nello Lauredi Francis Anastasi 1955 Jean Bobet Pierre Molinéris Bernard Gauthier 1956 Alfred De Bruyne Pierre Barbotin François Mahé 1957 Jacques Anquetil Désiré Keteleer Jean Brankart 1958 Alfred De Bruyne Pasquale Fornara Germain Derijcke 1959 Jean Graczyk Gérard Saint Pierino Baffi 1960 Raymond Impanis François Mahé Robert Cazala 1961 Jacques Anquetil Joseph Groussard Joseph Planckaert 1962 Joseph Planckaert Tom Simpson Rolf Wolfshohl 1963 Jacques Anquetil Rudi Altig Rik Van Looy 1964 Jan Janssen Jean-Claude Annaert Jean Forestier 1965 Jacques Anquetil Rudi Altig Italo Zilioli 1966 Jacques Anquetil Raymond Poulidor Vittorio Adorni 1967 Tom Simpson Bernard Guyot Rolf Wolfshohl 1968 Rolf Wolfshohl Ferdinand Bracke Jean-Louis Bodin 1969 Eddy Merckx Raymond Poulidor Jacques Anquetil 1970 Eddy Merckx Luis Ocaña Jan Janssen 1971 Eddy Merckx Gösta Pettersson Luis Ocaña 1972 Raymond Poulidor Eddy Merckx Luis Ocaña 1973 Raymond Poulidor Joop Zoetemelk Eddy Merckx 1974 Joop Zoetemelk Alain Santy Eddy Merckx 1975 Joop Zoetemelk Eddy Merckx Gerrie Knetemann 1976 Michel Laurent Hennie Kuiper Luis Ocaña 1977 Freddy Maertens Gerrie Knetemann Jean-Luc Vandenbroucke 1978 Gerrie Knetemann Bernard Hinault Joop Zoetemelk 1979 Joop Zoetemelk Sven-Åke Nilsson Gerrie Knetemann 1980 Gilbert Duclos-Lassalle Stefan Mutter Gerrie Knetemann 1981 Stephen Roche Adrie van der Poel Fons De Wolf 1982 Sean Kelly Gilbert Duclos-Lassalle Jean-Luc Vandenbroucke 1983 Sean Kelly Jean-Marie Grezet Steven Rooks 1984 Sean Kelly Stephen Roche Bernard Hinault 1985 Sean Kelly Stephen Roche Frédéric Vichot 1986 Sean Kelly Urs Zimmermann Greg LeMond 1987 Sean Kelly Jean-François Bernard Laurent Fignon 1988 Sean Kelly Ronan Pensec Julián Gorospe 1989 Miguel Indurain Stephen Roche Marc Madiot 1990 Miguel Indurain Stephen Roche Luc Leblanc 1991 Tony Rominger Laurent Jalabert Martial Gayant 1992 Jean-François Bernard Tony Rominger Miguel Indurain 1993 Alex Zülle Laurent Bezault Pascal Lance 1994 Tony Rominger Jesús Montoya Viatcheslav Ekimov 1995 Laurent Jalabert Vladislav Bobrik Alex Zülle 1996 Laurent Jalabert Lance Armstrong Chris Boardman 1997 Laurent Jalabert Laurent Dufaux Santiago Blanco 1998 Frank Vandenbroucke Laurent Jalabert Marcelino García 1999 Michael Boogerd Markus Zberg Santiago Botero 2000 Andreas Klöden Laurent Brochard Francisco Mancebo 2001 Dario Frigo Raimondas Rumsas Peter Van Petegem 2002 Alexander Vinokourov Sandy Casar Laurent Jalabert 2003 Alexander Vinokourov Mikel Zarrabeitia Davide Rebellin 2004 Jörg Jaksche Davide Rebellin Bobby Julich 2005 Bobby Julich Alejandro Valverde Constantino Zaballa 2006 Floyd Landis Patxi Vila Antonio Colom 2007 Alberto Contador Davide Rebellin Luis León Sánchez 2008 Davide Rebellin Rinaldo Nocentini Yaroslav Popovych 2009 Luis León Sánchez Fränk Schleck Sylvain Chavanel 2010 Alberto Contador Luis León Sánchez Roman Kreuziger 2011 Tony Martin Andreas Klöden Bradley Wiggins 2012 Bradley Wiggins Lieuwe Westra Alejandro Valverde 2013 Richie Porte Andrew Talansky Jean-Christophe Péraud 2014 Carlos Betancur Rui Costa Arthur Vichot 2015 Richie Porte Michał Kwiatkowski Simon Špilak 2016 Geraint Thomas Alberto Contador Richie Porte 2017 Sergio Henao Alberto Contador Dan Martin 2018 Marc Soler Simon Yates Gorka Izagirre 2019 Egan Bernal Nairo Quintana Michal Kwiatkowski 2020 Maximilian Schachmann Tiesj Benoot Sergio Higuita 2021 Maximilian Schachmann Aleksandr Vlasov Ion Izagirre 2022 Primoz Roglic Simon Yates Daniel Martínez
Palmarés por equipos País Vitorias 21 14 8 6 3 2
Véxase tamén Outros artigos Tour de Francia
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:París-Niza