Jorge Víctor Sueiro Rodríguez, nado en Ribasar (Rois) en 1934Dicionario biográfico de Galicia.Enciclopedia Galega Universal. e finado en Madrid o 25 de xaneiro de 1991, foi un escritor e xornalista galego, especializado na crítica gastronómica.
Traxectoria Fillo de José Sueiro Danza, mestre nacional da escola de Ribasar, e Ramona Rodríguez Fernández. Traballou como xornalista en La Noche, El Ideal Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Asturias. Tamén foi subdirector de Pyresa, a axencia de noticias da España franquista e redactor xefe de Televisión Española. Colaborou tamén con diversas revistas gastronómicas. Foi coordinador do grupo Amigos de la cocina gallega.Diario de Burgos, 26-1-1991, p. 52.
Está soterrado no Cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
Obra Comer en Galicia (1981).En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia. Manual del marisco (1981). Cocina y vinos de Galicia (1982). Galicia. Las mil y una fiestas (1983). Aguardiente, licores y queimadas (1984).<ref>Despois incluída na Biblioteca 114 de El Correo Gallego'''.</ref> Nuestros restaurantes y nuestras recetas (1984). La cocina moderna en Galicia (1986). Esmorgantes, canda Amparo Nieto (1990). El libro del marisco (1981). Galicia, romería interminable'', canda Amparo Nieto (1992).
Vida persoal
Casou en Mondoñedo con Amparo Nieto Rial en xaneiro de 1955.El Progreso, 6-1-1955, p. 5. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas gastronómicos Categoría:Xornalistas de Rois Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Rois Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes