Black Arrow foi un foguete de construción totalmente británica e cancelado en 1971. Conseguiu poñer en órbita o satélite Prospero (X-3) o 28 de outubro de 1971.

Características Black Arrow é o único lanzador orbital indíxena que tivo Reino Unido. Comezou a desenvolverse nos anos 1960 usando como base a experiencia co foguete Black Knight e cancelouse en xullo de 1971 tras conseguir poñer en órbita ao satélite Prospero. Era un foguete de tres etapas que usaba oito motores Gamma na primeira etapa, agrupados en catro pares, mentres que a segunda etapa usaba dous motores Gamma con tobeiras máis longas para un mellor rendemento no baleiro. A terceira etapa usaba un motor de propelente sólido Waxwing fabricado por RPE Westcott.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Black Knight (foguete)

Categoría:Foguetes espaciais