László Kubala Stecz (coñecido popularmente en España como Ladislao Kubala), nado en Budapest o 10 de xuño de 1927 e finado en Barcelona o 17 de maio de 2002, foi un xogador e adestrador de fútbol húngaro, de orixe eslovaca, que nos anos 50 obtivo a nacionalidade española. O máis salientable da súa carreira son os 11 anos que xogou no FC Barcelona (1950-1961), e os 11 anos que adestrou á selección española (1969-1980). Equipos como xogador Tralo seu paso por varios equipos de Europa central, Kubala fuxía dos réximes comunistas e estivo a piques de asinar co gran Torino Football Club en 1949, semanas antes da Traxedia de Superga na que morreron 18 xogadores e directivos do equipo nun accidente de avión, pero finalmente recalou no FC Barcelona, equipo co cal gañou 4 Ligas, 2 Copas de Ferias, 1 Copa Latina, 5 Copas do Xeneralísimo, 2 Copas Eva Duarte e 1 Pequena Copa do Mundo, ademais de ser subcampión de Europa en 1961. EquipoTempadasEncontrosGolesMedia Ganz TE1944920.22 Ferencváros TC 1945-194649330.67 ŠK Slovan Bratislava 1946-194836150.42 Vasas SC 1948-194920100.50 Hungaria 1949-1950 FC Barcelona 1950-19612561940.75 Espanyol 1961-19652970.24 FC Zürich 1965-1967100.00 Toronto Falcons 19671950.26 TOTAL 1944-19674192660.63 Kubala xogou para 3 seleccións nacionais, feito inigualado por ningún outro xogador na historia do fútbol. Seleccións nas que xogou: Hungría: 6 veces internacional Checoslovaquia: 11 veces internacional España: 20 veces internacional

Recoñecementos Kubala é o 3º máximo goleador histórico do FC Barcelona, por detrás de Paulino Alcántara e Josep Samitier; e tamén o 3º máximo goleador histórico do FC Barcelona en encontros oficiais, por detrás de César Rodríguez e Lionel Messi. En 2004 foi incluído na lista dos 50 mellores xogadores do século XX, que fixo a IFFHS para a FIFA.

Como adestrador Kubala adestrou ó FC Barcelona en dúas etapas (tempadas 1962-1963 e 1980-1981), sen acadar éxitos salientables. Adestrou tamén ó RCD Espanyol, Elche CF, Real Murcia, Córdoba, Málaga, FC Zürich, Toronto City e Toronto Falcons.

Foi seleccionador español durante 11 tempadas (entre 1969 e 1980), o que supón o récord de permanencia no cargo. Tamén foi seleccionador de Paraguai e de Arabia Saudita. Véxase tamén

Outros artigos Copa de Europa 1960-61 Camp de Les Corts Ligazóns externas Información sobre Kubala na páxina web da FIFA Datos sobre Kubala en Sportec

Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Futbolistas de Hungría Categoría:Xogadores do Ferencvárosi Torna Club Categoría:Xogadores do ŠK Slovan Bratislava Categoría:Xogadores do Vasas SC Categoría:Xogadores do Aurora Pro Patria 1919 Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do FC Zürich Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Checoslovaquia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Hungría Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Adestradores de fútbol de Hungría Categoría:Adestradores do FC Barcelona Categoría:Adestradores do RCD Espanyol Categoría:Adestradores do FC Zürich Categoría:Adestradores do Córdoba CF Categoría:Adestradores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores do Al-Hilal FC Categoría:Adestradores do Real Murcia Categoría:Adestradores do CD Málaga Categoría:Adestradores do Elche CF Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Paraguai Categoría:Grandes cruces da Real Orde do Mérito Deportivo