O Club América é unha entidade deportiva de México cuxo equipo profesional de fútbol compite na Primeira División de México. Fundado o 12 de outubro de 1916 en Cidade de México, é un dos 2 únicos equipos que nunca descendeu de categoría no campionato ligueiro mexicano dende a creación deste torneo en 1943. Segundo varias enquisas levadas a cabo en México, o Club América é o club de fútbol mais popular do país.

Palmarés Os mellores anos do club foron os transcorridos entre 1983 e 1992, unha década na cal o club gañou 5 ligas mexicanas e 3 ligas de campións entre outros títulos. Títulos nacionais Con 10 títulos de liga, o América é o 2º equipo máis laureado do campionato, e está a un só título do CD Guadalajara, que ten 11. Con 10 tamén está o Cruz Azul. Primeira División de México (10) = 1965-66, 1970-71, 1975-76, 1983-84, 1984-85, PRODE 1985, 1987-88, 1988-89, Verán 2002, Clausura 2005 Copa de México (6) = 1937-38, 1953-54, 1954-55, 1963-64, 1964-65, 1973-74 Campión de Campións (5) = 1954-55, 1975-76, 1987-88, 1988-1989, 2005 Títulos continentais Os 5 títulos continentais do América na máxima competición fan deste equipo o máis laureado de Norteamérica. Liga de Campións da Concacaf (5) = 1977, 1987, 1990, 1992, 2006 Copa Xigantes da Concacaf (1) = 2001 Copa Interamericana (2) = 1978, 1991 Estadio O Club América xoga os seus encontros como local no Estadio Azteca de Cidade de México dende 1966. O recinto é propiedade da empresa de telecomunicacións Grupo Televisa, igual que o club. Cunha capacidade para 105.064 seareiros, é o estadio máis grande de América, e o 3º máis grande do mundo. Nel xogáronse a finais dos mundiais de fútbol de 1970 e 1986, así como o encontro de 1970 alcumado O partido do século que enfrontou a Alemaña e a Italia nas semifinais do mundial e que rematou cun 4-3 na prórroga, ou como o encontro de 1986 entre Inglaterra e Arxentina no cal Maradona marcou o chamado gol do século e a chamada man de Deus; entre outros moitos eventos, como a final olímpica de fútbol de 1968.

Xogadores Actualizado a 5 de xaneiro de 2018.

Ó longo da historia do club, pasaron polas súas ringleiras xogadores como Hugo Sánchez, Carlos Hermosillo, Djalminha, Claudio López, Cuauhtémoc Blanco, Vavá ou Iván Zamorano.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Primeira División de México Liga de Campións da Concacaf Ligazóns externas Páxina oficial do Club América

América