Os clupeiformes (Clupeiformes) son unha orde de peixes osteíctios da superorde dos clupeomorfos (Clupeomorpha), entre os que se inclúen especies de tanta importancia pesqueira e comercial como os arenques, as sardiñas ou os bocareus.Nelson, Joseph S. (2006)Clupeiformes en ADW.

A orde comprende 397 especies agrupadas en 6 familias. Son peixes de pequeno tamaño e coloración prateada polos flancos e o ventre, peláxicos, que viaxan a miúdo en grandes cardumes.Muus, Bent J. (1998), p. 87.

Características Caracterízanse por presentaren unha aleta caudal homocerca (é dicir, formada por dous lobos iguais e sen prolongación da columna vertebral), careceren de raios espiñosos nas aletas e presentaren —normalmente— grandes escamas cicloides. Teñen unha curta aleta dorsal, coas ventrais xusto por debaixo.

Carecen de aleta adiposa e de liña lateral; porén, poden percibir e identificar a dirección dos sons e as ondas de presión porque son peixes fisóstomos, é dicir, coa vexiga natatoria unida por un conduto á parte anterior do tubo dixestivo e conectada ao oído medio.

Clasificación Divídense en dúas subordes:Clupeiformes (Taxonomic Serial No.: 161694) en SIIT. Suborde Clupeoidei:Clupeoidei(Taxonomic Serial No.: 161699) en SIIT. Familia Chirocentridae Familia Clupeidae (arenques e sardiñas) Familia Engraulidae (bocareus) Familia Pristigasteridae Familia Sundasalangidae Suborde Denticipitoidei:Denticipitoidei (Taxonomic Serial No.: 161695) en SIIT. Familia Denticipitidae

En Galicia Nas augas da nosa comunidade están citadas s seguintes especies da orde:Solórzano et al. (1988), pp. 18-19.

Familia Clupeidae Alosa alosa, a zamborca,Ríos Panisse (1977), pp. 210-218.Rodríquez Solórzano (1983), p. 62.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 65- sabela, tasca, nai da sardiña ou sábalo.Rodríguez Villanueva et al. (1995), pp. 24-25. Alosa fallax, moi semellante á anterior, e chamada tamén zamborca e sabela. Sardina pilchardus, a sardiña Sprattus sprattus, a trancha,Rodríquez Solórzano (1983), p. 61. trancho Lahuerta e Vázquez (2000), p. 164. ou espadín. Familia Engraulidae Engraulis encrasicolus, o bocareu, bocarte ou bucareu'.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0. Xunta de Galicia (1999): Guía do consumidor de peixe fresco''. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Outros artigos Clupeidos Engráulidos

Ligazóns externas Clupeiformes en NCBI. Clupeiformes en FishBase. Taxonomía e algunhas informacións sobre as características da orde.