Donald Sloan, nado o 15 de febreiro de 1988 en Shreveport, Louisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Guangdong Southern Tigers da Chinese Basketball Association (CBA).

Traxectoria Sloan xogou para os Sacramento Kings na liga de verán de 2010http://www.ridiculousupside.com/2010/6/28/1540775/nba-summer-league-rosters-vegas NBA Summer League Rosters - Vegas e pouco despois asinou con eles un contrato dun ano. Porén, foi despedido antes do comezo da tempada.

En decembro de 2011, asinou un contrato cos Atlanta Hawks tras facer os adestramentos de pretempada con eles, e entrou no equipo para o comezo da tempada 2011-12. Debutou na NBA nun partido de tempada regular en xaneiro de 2012 cos Atlanta Hawks. Nese mesmo mes, foi despedido polos Hawks.HAWKS REQUEST WAIVERS ON DONALD SLOAN

O 8 de febreiro de 2012, asinou un contrato de dez días cos New Orleans Hornets.Hornets Sign Donald Sloan Cando rematou ese contrato, os Hornets decidiron non ofrecerlle outro, e fichou polos Cleveland Cavaliers pouco máis tarde, o 16 de marzo. O 25 de decembro de 2012, foi cortado polos Cavaliers.Cavaliers Claim Shaun Livingston Off Waivers, Waive Donald Sloan

O 3 de xaneiro de 2013, fichou polos Sioux Falls Skyforce da NBA Development League.

O 7 de xaneiro de 2013, asinou un contrato de dez días cos New Orleans Hornets.HORNETS SIGN DONALD SLOAN TO 10-DAY CONTRACT

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil coma xogador en Texas A&M Perfil en ESPN

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Shreveport, Luisiana Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets