O barallete é a xerga utilizada polos afiadores do concello ourensán de Nogueira de Ramuín para se comunicar entre eles. A finalidade da fala era a de evitar a comprensión por parte das persoas que non pertencesen ao gremio. Esta xerga tamén era utilizada por músicos e por outros profesionais ambulantes, como follateiros ou paraugueiros ourensáns.

Hai unha serie de trazos básicos que caracterizan o barallete: Abundan os substantivos que designan as ferramentas do seu oficio, obxectos de uso común, comidas e bebidas etc. Moitos termos son construídos por derivación: Pilde significa cu; e pildares, nádegas; pildar, cagar; pildarse, cagarse (ou faltar á palabra); pildona, merdeira; pildatorio, cagadoiro; pildaría, merda, porcallada. Os adxectivos, menos abundantes, expresan a calidade das cousas ou a pouca habilidade no oficio. Os verbos, case todos da primeira conxugación, expresan maioritariamente accións desenvolvidas polos distintos oficios.

Breve vocabulario do barallete

abaixentar (baixar) aforcar (deitar) agustín (leite) Ancha (Castela) androlea (perna) arreador (afiador) Arrica (América) arromanar (falar, fala-lo barallete) barro (rebuldeiro, algueiro) barrosantear (tocar a gaita) bato (pai) bazar na borra (cagar) belbas (gardas, gardas civís) belén (home) belenas (mulleres) Berria (Asturias) bicudo (porco) Biqueque (Portugal) brote (pan) cairolo (vello) calmar (dar) caneante (ambulante, camiñante, afiador) canguelo (medo) cantarin (chivato) cantufar (contar, dicir) carantar (querer/amar) carumela (cara) cavaleira (ponte) caxiga (crego) caxoteo (baile) chaira (terra) A Chaira (a terra nativa dos afiadores, a súa comarca: Nogueira de Ramuín (Ourense) chapela (cárcere) chiscar (beber) choulan (parvo) cigota (puta) coizo (vello) Cuca (Cuba) doco (can) entervar (entender) entrenar (prender, apresar) esgueilar (fuxir) fandiño (burro) farela (mentira) feirear (vender, comprar) felar (morrer, matar. Felárono: matárono. Felou: morreu) fosca (cama) frete (frío) froques (parvo) Galleira (Galicia) garabelo (fermoso) garlear (falar, comer) guezos (rapaces) gobernar (arranxar) gobernador (afiador, ambulante; porque arranxa, goberna cousas) grilar (foder) guaina (casa) irmuxo (irmán) lapeta (ladrón) lapetar (roubar) largaña (abundante, longo) lorda (merda) lordeiro (merdán) lourón (sol) macaio (tabaco) manchar (traballar) margaritas (tetas, tamén teñen o nome de raigañas) mireus (ollos) mizcar (beixar/bicar) moro (pobo, aldea) mutilo (rapaces, criados, fillos, aprendices de afiador) naceiro (afiador) nexo (nada, non (como caso de resposta a unha pregunta)) oreta (auga, choiva, mexo) oreto (caldo, viño) picañeira (costureira, agulla de coser) pildar (cagar, perder, romper) pildón (cagán, covarde) Queicoa (Deus, pero tamén outras variantes pouco precisas como son heroe, loitador, ser mítico, grande. Aos vellos afiadores, de moita sona e moitos camiños, á parte de "variles", chamámabanlles queicoas)) Queicoaña (A Virxe María) queicoiña (anxo, inocente, neno) rulo (rico) Sanqueico (Deus) sibes (si como resposta a unha pregunta) sinado (señor, señorito) sorchar (calar) tarazana (roda de afiar. Tamén se lle chama tola e parafusa) tarela (peseta) tiaces (ti, vós) tizar (comer) tofe (cu) tola (taberna) trena (cadea) troles (collóns) varil (grande, forte, bo, o mellor) violin (cando invita a comisión) xil (fame) xirar (pedir polas portas) xotar (pegar) xoula (pousada) xoular (durmir) zúa (lume) zuros (diñeiro)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Variedades diastráticas Xerga

Categoría:Lingüística Categoría:Variantes da lingua galega Categoría:Nogueira de Ramuín