Villalón de Campos é un concello español situado ao norte da provincia de Valladolid, en Castela e León, na denominada Terra de Campos e limítrofe coa provincia de Palencia.
220px|miniatura|esquerda|Vista do concello e o Rollo A súa poboación é de 1.890 habitantes (2011). Antigamente era moito maior, pero o proceso de decadencia rural en prol das cidades provocou o retroceso demográfico desta localidade. Os habitantes dedícanse principalmente ao sector primario (agricultura e gandería). A súa festa principal está dedicada á Virxe de Fuentes.
Como recensión histórica cabe destacar que foi sede durante os séculos XV e XVI dunha importante feira de compra-venda de gando, baixo o auspicio da familia Pimentel, condes de Benavente, e que tiña notable influencia a nivel comarcal.
A localidade está situada no Camiño de Santiago de Madrid.
Demografía Evolución demográfica 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2.168 2.168 2.101 2.056 2.008 2.019 2.040 2.024 1.990 1.971 1.942 1.915 1.911
Monumentos O Rollo Jurisdiccional que se sitúa nesta localidade é un dos máis destacados de España. Este pelouriño, foi feito no século XVI, é de estilo gótico e foi declarado Monumento Nacional.
A Igrexa de San Miguel é un templo dos máis relevantes no estilo do gótico mudéxar. Na primeira capela da súa nave do Evanxeo, sitúase o sepulcro do clérigo leonés don Diego González del Barco, de Juan de Juni. Tamén na nave da Epístola sitúase a Virxe co Neno que é atribuída a Alonso Berruguete.
Tamén na vila están a Igrexa de San Juan cun precioso retablo, a Igrexa de San Pedro cunha torre de cinco pisos e a Ermida da nosa Señora de Fuentes situada a tres quilómetros da localidade.
Goberno municipal
Partidos políticos no concello Partido político Concelleiros Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 4 Partido Popular (PP) 3 Partido Independiente de Villalón de Campos (PIVC) 2
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Villalón Digital
Categoría:Concellos da provincia de Valladolid