Coñécese como guerra de Bosnia o conflito internacional que se desenvolveu na actual Bosnia e Hercegovina do 6 de abril de 1992 ao 14 de decembro de 1995, e que foi causada por unha complexa combinación de factores políticos e relixiosos: exaltación nacionalista, crises políticas, sociais e de seguridade que seguiron ao final da guerra fría e a caída do comunismo na antiga Iugoslavia.
Ao desintegrarse Iugoslavia en 1991, coa independencia de Croacia e Eslovenia, líderes nacionalistas serbobosnios como Radovan Karadzić e serbios como Slobodan Milošević marcáronse como obxectivo principal que todos os serbios -diseminados polas distintas repúblicas que compoñían Iugoslavia- viviran nun mesmo país. En febreiro de 1992, o pobo de Bosnia e Hercegovina decide en referendo a súa independencia da República Federal Socialista de Iugoslavia, nunha votación boicoteada polos serbobosnios.Cronoloxía da desintegración. Diario El Mundo (España) A sección do Exército Popular Iugoslavo en Bosnia e Hercegovina, fiel ao referendo, organizouse no Exército da República Bosnia e Hercegovina (ARBiH), mentres que os serbios formaron o Exército da República Serbia (VRS). Nun principio os serbios ocuparon o 70 % do territorio de Bosnia e Hercegovina pero, ao unir as súas forzas o Consello Croata de Defensa e o ARBiH, a guerra tomou outro rumbo e as forzas serbias foron derrotadas na Batalla de Bosnia Occidental. A participación da OTAN, durante 1995, contra as posicións do VRS internacionalizou o conflito, pero só nas súas etapas finais. A alianza bosniocroata ocupou un 51 % do territorio de Bosnia e Hercegovina e chegou até as portas de Banja Luka. Ao veren perigar a súa capital de facto, os líderes serbios firmaron o armisticio e a guerra terminou oficialmente coa sinatura dos Acordos de Dayton, en París, o 14 de decembro de 1995.
A guerra durou pouco máis de tres anos e causou cerca de 100.000 vítimas entre civís e militares e 1,8 millóns de desprazados, segundo informes recentes. Das 97.207 vítimas totais documentadas, o 65 % foron bosníacos musulmáns e o 25 % serbios. Dentro das vítimas civís, o 83 % correspondeu a bosníacos.
Disolución de Iugoslavia
A Guerra en Bosnia-Hercegovina está relacionada coa disolución de Iugoslavia. A crise apareceu en Iugoslavia co decaemento do sistema comunista, que á súa vez foi parte de cambios maiores que ocorreron no mundo tras o final da guerra fría. No caso iugoslavo, o Partido Comunista de Iugoslavia deste país estaba perdendo a súa potencia ideolóxica baixo o predomino de ideoloxías nacionalistas e separatistas contra finais de 1988 e inicios de 1989. Este cambio notábase principalmente en Serbia e Croacia, algo menos en Bosnia e Hercegovina, e aínda menos en Eslovenia e en Macedonia. miniatura|Slobodan Milošević. Este proceso acelerou o ingreso de Slobodan Milošević na escena política de Serbia; un home que empezou a súa carreira política como resposta ao espertar de ideoloxías nacionalistas e que se situou como líder moral dos serbios en Kosovo en 1989.
Os obxectivos políticos de Milošević eran consolidar o seu propio poder e lograr a dominación da Federación Iugoslava, incluíndo a dominación desta por Serbia, que era a república máis poboada da federación, polo que se cimentaría un firme control das políticas serbias.
Para alcanzar estes obxectivos, Milošević planeou varios procesos que levaron á instalación do seu gabinete político principalmente en Voivodina e Montenegro. A crise en Iugoslavia profundouse tras a caída do goberno de Kosovo que tiña unha maioría albanesa. Continuando estes procesos, Milošević tomou o control de case a metade de Iugoslavia e con votos adicionais influíu facilmente as decisións do Goberno federal. Esta situación fixo reaccionar ás outras repúblicas, empezando por Eslovenia.
No 14º Congreso do Partido Comunista, levado a cabo o 20 de xaneiro de 1990, Milošević aplicou o seu dominio por primeira vez, obstruíndo varias emendas constitucionais que a delegación eslovena propuxo nun intento para restablecer o balance de poder na Federación. O Congreso terminou coas delegacións eslovena e croata abandonando a reunión, o que podería considerarse como o inicio da disolución de Iugoslavia.
A crise agudizouse cando elementos nacionalistas tomaron o poder para ir en contra das políticas de Milošević; entre eles o croata Franjo Tudjman foi o máis prominente. Eslovenia e Croacia iniciaron pouco despois o proceso que levou á súa independencia, o que causou un conflito armado. Este foi especialmente intenso en Croacia, que tiña unha substancial poboación serbia.
Situación de preguerra en Bosnia-Hercegovina
Bosnia e Hercegovina foron historicamente un territorio multiétnico. Segundo o censo de 1991, Bosnia-Hercegovina tiña unha poboación de 4 354 911 habitantes, divididos así: Bosníacos, 43,7 % Serbios, 31,3 % Croatas, 17,3 % Iugoslavos, 5,5 % (Os que se consideraban eles mesmos como iugoslavos; na ex Iugoslavia a poboación que se declaraba como iugoslava apenas alcanzaba un 1 %).
Hai unha forte correlación entre identidade étnica e relixión: O 90 % dos bosníacos eran musulmáns O 93 % dos serbios de Bosnia eran cristiáns ortodoxos O 88 % dos croatas de Bosnia eran católicos
Nas primeiras eleccións multipartidistas, que tiveron lugar en novembro de 1990 en Bosnia e Hercegovina, venceron os tres maiores partidos étnicos no país: o Partido de Acción Democrática bosníaco, o Partido Democrático Serbio e a Unión Democrática Croata.
As partes dividiron o poder entre as distintas etnias: mentres que o Presidente do Goberno da República Socialista de Bosnia e Hercegovina era un bosníaco, o Presidente do Parlamento era un serbio de Bosnia e o Primeiro Ministro un croata.
Posteriormente transcendeu que serbios e croatas, mediante un pacto secreto (o Acordo de Karadjordjevo) chegaran a un acordo para o repartimento de Bosnia, sen contar coa maioría bosníaca.<ref>El triunfo del Estado-nación. Diario El Mundo (España).</ref>
Creación da "República Serbia de Bosnia e Hercegovina" Os membros serbios do parlamento, que eran principalmente os do Partido Democrático Serbio, así como outros representantes dos partidos que formaban a Asemblea Independente de Membros do Parlamento, abandonaron o Parlamento central de Saraxevo e formaron a Asemblea do pobo serbio de Bosnia e Hercegovina o 24 de outubro de 1991, que marcou o final da triétnica coalición que rexía despois das eleccións de 1990. Esta asemblea estableceu a "República Serbia de Bosnia e Hercegovina" o 9 de xaneiro de 1992, que tomou o nome de Republika Serbia (República Serbia) en agosto de 1992. O obxectivo oficial deste acto, que se manifesta no texto orixinal da Constitución da República Serbia e que sería modificado posteriormente, era preservar a Federación Iugoslava.
Creación da "Comunidade Croata de Herzeg-Bosnia" Durante as guerras iugoslavas, os obxectivos dos nacionalistas de Croacia foron compartidos polos nacionalistas croatas de Bosnia-Hercegovina.TPII: Veredito Blaškić. O val de Lasva: maio de 1992 - xaneiro de 1993 O goberno da República de Croacia, a Unión Croata Democrática (HDZ), organizaba e controlaba a rama do partido en Bosnia-Hercegovina. A finais de 1991, os elementos máis extremos do partido, baixo a dirección de Mate Boban, Dario Kordić, Jadranko Prlić, Ignac Koštroman e dirixentes locais como Anto Valenta,TPII: Veredito Blaškić. O val de Lasva: maio de 1992 - xaneiro de 1993 e co apoio de Franjo Tudjman e Gojko Šušak, tomaran o control efectivo do partido. O 18 de novembro de 1991, a rama do partido en Bosnia-Hercegovina, proclamou a existencia da Comunidade Croata de Herzeg-Bosnia, como unha separación "política, cultural, económica e territorial" no territorio de Bosnia-Hercegovina.TPII: Cargos contra criminais de guerra croatas
Referendo sobre a independencia de Bosnia e Hercegovina Despois de que Eslovenia e Croacia declararan, en 1991, a súa independencia da República Socialista Federal de Iugoslavia, Bosnia e Hercegovina organizou tamén un referendo sobre a súa independencia. A decisión do Parlamento da República Socialista de Bosnia e Hercegovina da celebración do referendo tomouse despois de que a maioría de membros serbios abandonaran a asemblea parlamentaria en sinal de protesta.
Estes serbios de Bosnia, membros da asemblea, convidaron á poboación serbia a boicotear o referendo, celebrado o 29 de febreiro e o 1 de marzo de 1992. A participación no referendo foi do 67 % e o resultado foi do 99,43 % a favor da independencia. A independencia foi declarada polo Parlamento o 5 de marzo de 1992. O referendo en si mesmo e o asasinato dun serbio nunha voda o día antes, utilizáronse polos líderes políticos serbios cosermo unha razón para iniciar bloqueos de estradas en sinal de protesta.
Embargamento de armas O 25 de setembro de 1991 o Consello de Seguridade das Nacións Unidas aprobou a Resolución CSNU 713, que impoñía un embargo de armas en toda a antiga Iugoslavia. O bloqueo prexudicaba ao Exército da República de Bosnia-Hercegovina, principalmente porque Serbia herdara a maior parte do arsenal do antigo Exército Popular Iugoslavo e o Exército de Croacia podía conseguir armas de contrabando a través da súa costa. Máis do 55 % dos depósitos de armas e cuarteis da ex Iugoslavia encontrábanse en Bosnia debido ao seu terreo montañoso, en previsión dunha guerra de guerrillas, pero moitas das fábricas de armas estaban baixo control serbio (como a fábrica Unis Pretis, en Vogošća), e outras quedaron inutilizadas debido á falta de electricidade e materias primas. O Goberno bosníaco meteu presión para que se levantara o embargamento, pero opuxéronse o Reino Unido, Francia e Rusia. O Congreso dos Estados Unidos aprobou dúas resolucións pedindo a anulación do embargamento, pero ambas foron vetadas polo Presidente Bill Clinton por temor á creación dunha fisura entre os EUA e os países antes mencionados. Porén, os Estados Unidos realizaron varias operacións incluíndo grupos islamistas para subministrar armas ás forzas do Goberno de Bosnia a través de Croacia.The Guardian: América utilizou islamistas para armar aos musulmáns de Bosnia
A guerra Información xeral O Exército Popular Iugoslavo (Jugoslovenska narodna armija, JNA) deixou oficialmente Bosnia e Hercegovina o 12 de maio de 1992, pouco despois da independencia, declarada en abril. Porén, a maior parte da cadea de mando, armamento, e o persoal militar de maior rango, incluído o xeneral Ratko Mladić, permaneceron en Bosnia e Hercegovina no Exército da República Serbia (Vojska Republike Srpske, VRS). miniatura|esquerda|150px|Radovan Karadžić.
Os croatas organizaron unha formación defensiva militar propia, chamada Consello Croata de Defensa (Hrvatsko Vijeće Obrane, HVO), como forzas armadas da autoproclamada Herzeg-Bosnia, e as Forzas Croatas de Defensa (Hrvatske Obranbene Snage, HOS).
A maioría dos bosníacos organizáronse no Exército da República Bosnia-Hercegovina (Republike Armija Bosne i Hercegovine, RBiH). Este exército tiña un bo número de non bosníacos (ao redor do 25 %), especialmente no 1º Corpo en Saraxevo. O comandante adxunto do Exército bosníaco, o xeneral Jovan Divjak, foi a máis alta xerarquía de etnia serbia no exército bosníaco. O xeneral Stjepan Šiber, de etnia croata, foi o segundo comandante adxunto. O presidente Alija Izetbegović tamén nomeou o coronel Blaž Kraljević, comandante do Consello Croata de Defensa en Hercegovina, como membro do cuartel xeral do Exército bosníaco, sete días antes do seu asasinato, co fin de reunir unha fronte multiétnica bosníaca de defensa.Vjesnik: Je li Tuta platio atentatorima po mascota tisuća maraka