Francisco José Fraga Civeira"Corporación" . Concello de Piñor é un político galego que foi alcalde de Piñor. miniatura|Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020.

Traxectoria

Membro do PSdeG-PSOE, foi candidato á alcaldía de Piñor nas eleccións municipais de 1999 e foi portavoz do partido na oposición. Nas eleccións municipais de 2003 logrou a vitoria e foi elixido alcalde co apoio do BNG. Nas municipais de 2007 foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nese mandato foi vicepresidente executivo da FEGAMP. Nas municipais de 2011 volveu ser reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 volveu se-la candidatura máis votada, pero perdeu a maioría absoluta por un estreito marxe. Desta forma, perdeu a alcaldía en favor do PPdeG ó alcanzar estes un acordo con dous edís independentes. Foi elixido deputado na Deputación de Ourense, sendo portavoz dende novembro de 2016. Porén, foi destituído en decembro de 2018El PSOE releva a su portavoz en la Diputación ourensana tras apoyar en público a Pachi Vázquez tras apoiar publicamente a Pachi Vázquez, do cal sempre foi un dos seus principais afíns, trala marcha deste do PSdeG. Desta forma, pasou a formar parte do partido Espazo Común que Vázquez presentou en febreiro de 2019. Encabezou esta formación nas municipais dese ano en Piñor logrando 3 concelleiros e un 35% dos votos, se ben non conseguiu recupera-la alcaldía dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi o cabeza de lista da candidatura da coalición formada por Espazo Común e Recortes Cero-Os Verdes , conseguindo resultados testimoniais. Nas municipais de 2023 foi elixido concelleiro de Espazo Común no Carballiño.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Piñor

Ligazóns externas "Francisco Fraga: «Acaban de darlle a puntilla á Galicia do interior»" La Voz de Galicia, 6/12/2011.

Categoría:Alcaldes de Piñor Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Galicia