Os Caraciformes (Characiformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Ostariofisos (Ostariophysi). Entre outras, inclúe as pirañas.
Características Como corresponde á superorde, caracterízanse pola presenza do aparato de Weber. Así mesmo, posúen unha pequena adiposidade carnosa entre a aleta dorsal e a cola. A pel está cuberta de escamas ben definidas (algunha especie carece de escamas). Dentes, normalmente, ben desenvolvidos (a maioría son carnívoros).
Aletas pelvianas con 5-12 radios; aleta anal curta a moderadamente longa.
Son especies de auga doce, presentes en lagos tropicais e ríos de Suramérica, Centroamérica e África central. Moitas especies son moi pequenas e de cores vistosas, polo que resultan apreciados para a cría en acuarios.
Clasificación Nun principio constituían unha única familia, os Characidae, dentro da orde dos Cipriniformes, pero actualmente admítense 18 familias (FishBase), a maiores doutras xa extinguidas: Familia Acestrorhynchidae Familia Alestidae Familia Anostomidae Familia Characidae Familia Chilodontidae Familia Citharinidae Familia Crenuchidae Familia Ctenoluciidae Familia Curimatidae Familia Cynodontidae Familia Distichodontidae Familia Erythrinidae Familia Gasteropelecidae Familia Hemiodontidae Familia Hepsetidae Familia Lebiasinidae Familia Parodontidae Familia Prochilodontidae
Véxase tamén Ligazóns externas
Taxconomía ITIS Taxonomía FishBase
Categoría:Teleósteos Categoría:Caraciformes