Canejan é un concello español da provincia de Lleida, en Cataluña. Forma parte da comarca do Val de Arán e está situado á dereita do río Garona, na fronteira con Francia.

Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 1986 637480310171137122

Localidades O concello está formado por nove entidades de poboación, aínda que só cinco permanecen habitados: Bordius (0 hab.), Campespín (0 hab.), Canejan (75 hab.), era Cassenhau (0 hab.), Moron e era Mòla (19 hab.), Pontaut (1 hab.), Porcingles (6 hab.), eth Pradet (6 hab.) e Sant Joan de Toran (0 hab.).

Galería de imaxes

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya

Categoría:Concellos do Val de Arán