O Hospital do Rebullón foi un centro psiquiátrico de titularidade pública. Foi o único dos centros do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo que non se atopa nesta cidade senón no lugar do Rebullón, pertencente á parroquia de Tameiga, no concello veciño de Mos.
Historia O 14 de xullo de 1929 celebrouse o acto de colocación da primeira pedra do edificio das colonias escolares de Vigo, unha colonia de verán para nenos pobres, baixo patrocinio da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, a iniciativa do concelleiro socialista e futuro alcalde Emilio Martínez Garrido. O edificio inaugurouse o 13 de xullo de 1930 e durou como colonia ata agosto de 1936, cando pasou a mans do exército. Despois o edificio foi utilizado polo Padroado Nacional Antituberculose.
Despois, a iniciativa da Deputación Provincial de Pontevedra, pasou a ser centro de internamento psiquiátrico. Na década de 1990, seguindo as disposicións da Ley General de Sanidad de 1986, o hospital integrouse no SERGAS. O 19 de xaneiro de 2016 cesou a súa actividade asistencial., que pasou ao Hospital Nicolás Peña. Mantivéronse os outros servizos que se atopan nas súas dependencias.
Estrutura
Os cambios na forma en que se trataba aos pacientes psiquiátricos e a creación de unidades de saúde mental nos hospitais do Meixoeiro e Xeral determinou que o edificio fose quedando case baleiro. Deste xeito as dependencias foron ocupadas por distintos servizos:
Edificio principal, adicado á hospitalización e tratamento de enfermos psiquiátricos. Base de ambulancia do 061. Dependencias e COGAMI (atención á discapacidade). Arquivo xeral de historias clínicas do CHUVI. Almacéns.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "El Rebullón, de psiquiátrico a almacén" La Voz de Galicia, 24/1/2016 .
Categoría:Mos Categoría:Hospitais de Galicia Categoría:Psiquiatría Categoría:SERGAS