250px|miniatura|dereita|Representación dun cubo. En xeometría, un cubo ou hexaedro regular é un obxecto sólido e tridimensional formado por seis caras cadradas, con tres que se xuntan en cada un dos vértices. O cubo forma parte dos cinco sólidos platónicos, é dual co octaedro e posúe simetría cúbica (ou simetría octaédrica). O hexaedro regular está formado por seis caras, oito vértices e doce arestas.

Coordenadas cartesianas + Proxeccións ortogonais120px120px

Para un cubo con centro na orixe de coordenadas, con arestas paralelas aos eixes e cunha lonxitude de 2, as coordenadas cartesianas dos vértices son (±1, ±1, ±1) mentres que o interior está formado por todos os puntos (x0, x1, x2) con −1 < xi < 1.

Fórmulas Para un cubo de lonxitude a de aresta: área da superficievolumediagonal da caradiagonal espacialraio da esfera circunscritaraio da esfera tanxente coas arestasraio da esfera inscritaángulos entre as caras (en radiáns)

Dado que o volume dun cubo é a terceira potencia dos seus lados, a × a × a, a esta terceira potencia chámaselle tamén cubo, por analoxía co cadrado, que é a segunda potencia.

Véxase tamén

Outros artigos Cubo de Rubik Cubo OLAP

Ligazóns externas "Cube" por Eric W. Weisstein de MathWorld

Categoría:Xeometría