O mar do Norte é un mar marxinal do océano Atlántico, situado entre as costas de Noruega e Dinamarca no leste, as das illas británicas ao oeste e as de Alemaña, os Países Baixos, Bélxica e Francia ao sur. O estreito de Skagerrak constitúe unha especie de baía ao leste do mar, o cal conéctao co Báltico a través da baía de Kattegat; tamén está conectado co Báltico mediante a canle de Kiel. A canle da Mancha a través do paso de Calais conéctao ao resto do Atlántico polo sur, mentres que polo norte conecta en través do mar de Noruega, que é o nome que adopta o mar ao norte das illas Shetland.

As mareas son bastante irregulares xa que conflúen nel unhas correntes provenientes do norte e outra do sur. Hai moita choiva e néboa durante todo o ano, e do noroeste veñen violentas tormentas que fan a navegación perigosa.

Ten unha superficie duns 750 000 km²,Todos os datos xeográficos proceden de «Safety At Sea», dispoñibles en: . unha lonxitude aproximada de 960 km e unha anchura máxima de 480 km. É un mar moi pouco profundo, cunha profundidade media de 95 metros: de feito que no banco Dogger, no medio do mar e a unha profundidade duns 25 metros, atopáronse restos de mamuts, proba de que durante a última glaciación ou ben estaba cuberto de xeo ou ben estaba emerxido. Co desxeo, o banco converteuse nunha especie de último reduto en forma de illa. Á súa vez divídese en tres partes: mar de Wadden, Skagerrak e Kattegat

O mar do Norte ocupou un lugar destacado nos asuntos xeopolíticos e militares, sobre todo na Europa do norte, desde a Idade Media até a era moderna. Tamén foi importante a escala mundial polo poder que os europeos do norte proxectaron en todo o mundo durante gran parte da Idade Media e até a era moderna. O mar do Norte foi o centro da xurdimento dos viquingos. A Liga Hanseática, a República Holandesa e o Reino de Gran Bretaña trataron de facerse co control do mar do Norte e o acceso aos mercados e recursos do mundo. O mar do Norte, única saída ao mar para Alemaña, tivo unha grande importancia estratéxica durante as dúas guerras mundiais.

A costa ten unha xeoloxía e xeografía diversas. No norte, profundos fiordes e cantís escarpados marcan gran parte das súas costas norueguesas e escocesas, respectivamente, mentres que no sur, a costa componse principalmente de praias de area, estuarios de longos ríos e amplas marismas. Debido á densa poboación, a forte industrialización e o intenso uso do mar e a zona que o rodea, diversos problemas medioambientais afectan os ecosistemas mariños. Os problemas medioambientais adversos, que adoitan incluír a sobrepesca, as escorras industrial e agrícola, o dragado e a vertedura, entre outros, deron lugar a varios esforzos para previr a degradación e salvagardar os beneficios económicos a longo prazo.

Ten importantes xacementos de petróleo e gas natural, os cales comezaron a explotarse nos anos 1970.

O mar do Norte constitúe unha zona de forte tránsito marítimo, de explotación petrolífera e de pesca. Nome Durante a Idade Antiga este mar coñecíase como Oceanum ou Mare Germanicum. O nome actual crese que xurdiu desde o punto de vista das illas Frisias, desde onde quedaba totalmente ao norte, e por oposición ao mar do Sur (o mar de Frisia e o Zuiderzee, nos Países Baixos). A longo prazo, o nome actual acabouse impoñendo, de maneira que xa era predominante durante a Idade Moderna. Na citada Idade Moderna foi común chamar mar do Norte ou mar do Nord a todo o océano Atlántico, sendo por contrapartida chamado «mar do Sur» ou «mar do Sud» todo o océano Pacífico.

Segundo as linguas oficiais dos estados que o rodean, denomínase Mer du Nord, en francés; Noordzee, en neerlandés; Nordsee, en alemán; Nordsjön, en sueco; Nordsøen, en danés; Nordsjøen, en noruegués; e North Sea en inglés. En frisón dise Noardsee e en gaélico escocés A' Mhuir en Tuath.

Un dos primeiros nomes que se recollen é o de "Septentrional Oceanus, ou "Océano do Norte", que foi citado por Plinio. Con todo, os celtas que vivían ao longo da súa costa referíanse a el como o "Morimaru", ou o "mar morto", que tamén foi adoptado polos pobos xermanos, dando "Morimarusa". Este nome refírese á "auga morta" ou franxas resultantes dunha capa de auga doce que repousaba na parte superior dunha capa de auga salgada que resultaba unha auga de aspecto moi tranquilo. A referencia a este mesmo fenómeno prolongouse na Idade Media, por exemplo, "giliberōt" no antigo alto alemán ou en neerlandés medio "lebermer" ou "libersee" .

Outros nomes comúns no uso durante longos períodos de tempo foron os termos latinos "Mare Frisicum", ou "Oceanum-Mare Germanicum", así como os seus equivalentes noutras linguas.

Delimitación da IHO

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional (International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar do Norte como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, «Limits of oceans and seas» (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 4 e defíneo da forma seguinte:

Xeografía miniatura|esquerda| Unha recreación de 1490 dun mapa da Xeografía de Tolomeo coa denominación de "Oceanus Germanicus" O mar do Norte está delimitado, na parte occidental, polas illas Orcadas e a costa leste de Inglaterra e Escocia, na parte oriental polo extremo sur-occidental da península de Escandinavia e o oeste de Xutlandia (litoral noruegués e danés, respectivamente ) e ao sur pola costa occidental de Alemaña, o litoral dos Países Baixos e Bélxica e o do extremo norte de Francia ata o canle da Mancha. Ao suroeste, máis aló da estreito de Dover ou paso de Calais, o mar do Norte convértese na canle da Mancha, que o conecta co océano Atlántico. ao leste, conéctase co mar Báltico a través do estreito de Skagerrak e a baía de Kattegat, dous estreitos que separan Dinamarca de Noruega e Suecia, respectivamente. ao norte está bordeado polas illas Shetland e conéctase co mar de Noruega, que se atopa no extremo nororiental do Atlántico.

Esténdese ao longo de 970 quilómetros e ten unha anchura de 580 quilómetros, ocupa unha superficie de 750.000 quilómetros cadrados e un volume de 94.000 quilómetros cúbicos. Ao redor de todo o litoral do mar do Norte hai illas e arquipélagos importantes, como as illas Shetland, as illas Orcadas e as illas Frisias. O mar do Norte recibe auga doce proveniente dunha serie de cuncas continentais europeas, así como das cuncas hidrográficas das Illas británicas. Tamén vai parar a auga do mar Báltico, onde desembocan tamén unha gran cantidade de ríos, polo que se trata dun mar con pouca salinidade. Os ríos principais que desembocan no mar do Norte son o Elba, o Rin e o Mosa. A cunca do Elba drena unha superficie de 149.000 quilómetros cadrados, que inclúe 18 cidades e os seus afluentes. O delta do Rin-Mosa recibe as descargas de auga dunha superficie de 199.000 quilómetros cadrados, onde se atopan 68 cidades. Ao redor de 184 millóns de persoas viven na cunca dos ríos que flúen cara ao mar do Norte. Esta área contén densas concentracións industriais. Profundidade Cara ao norte a partir de latitude 53°24′ N, dun xeito xeral, o fondo do Mar do Norte descende de forma desaxeitada mentres que no sur, inclínase cara ao paso de Calais.

Na súa maior parte, o Mar do Norte atópase na plataforma continental europea, cunha profundidade media de 90 metros; e con poucas zonas máis profundas de 100 metros. A única excepción é a fosa de Noruega, que ten entre 20 e 30 quilómetros de amplitude, que se estende paralela á costa de Noruega desde Oslo ata unha zona ao norte de Bergen, cuns 300 metros de profundidade fronte Bergen, e unha profundidade máxima de 725 metros no estreito de Skagerrak. Ao leste da Gran Bretaña, o banco Dogger, unha meseta que provén dunha gran morena do período glacial, produto da acumulación de cascallos de glaciares non consolidados, elévase entre 15 e 30 metros por baixo da superficie do mar. Esta característica produciu unha zona moi rica para a pesca.

Long Forties e Broad Fourteens son áreas que reciben os nomes pola profundidade que hai medida en brazas; corenta brazas e catorce brazas ou 73 e 26 metros de profundidade, respectivamente. Estes grandes bancos e outras similares fan do mar do Norte unhas zonas especialmente perigosas para navegar, que foi aliviada pola aplicación dos novos sistemas de navegación por satélite.

Tamén hai grandes profundidades na parte occidental do mar do Norte, como o Buraco do Diaño ao longo da cidade de Edimburgo, ten 460 metros, e outras fóra da baía de The Wash. Estes corredores poderían formarse polos ríos durante a última glaciación. De feito, neste momento da glaciación, o nivel do mar do norte era máis baixo que o nivel actual (regresión mariña). Os ríos entón erosionarían certas partes entón ao descuberto que o mar cobre na actualidade (transgresión mariña). O máis probable é que sexan restos do val de túnel, manténdose abertas para as correntes das marea. Hidroloxía Temperatura e salinidade miniatura|upright|Ocean currents mainly entering via the north entrance exiting along the Norwegian coast miniatura|upright|• Localización dos mareógrafos enumerados• Horarios das mareas despois de Bergen (negativo = antes)• Os tres centros anfidrómicos• Costas:  marismas = verde  marismas = azul averdado  lagoas = azul brillante  dunas = amarelo  diques mariños = azamboado  morrenas preto da costa = marrón claro  costas rochosas = marrón agrisado A temperatura media é de 17 °C no verán e de 6 °C no inverno. As temperaturas medias tenden á alza desde 1988, o que se atribuíu ao cambio climático.. As temperaturas do aire en xaneiro oscilan entre 0 e 4 °C de media, e en xullo entre 13 e 18 °C. Os meses de inverno son propensos a fortes ventos e tormentas.

A salinidade oscila entre os 34 e os 35 g/l de auga. A salinidade presenta a maior variabilidade nos lugares onde hai afluencia de auga doce, como nos estuarios do Rin e do Elba, a saída do mar Báltico e ao longo da costa de Noruega. Circulación da auga e mareas O patrón principal do fluxo de auga no mar do Norte é unha rotación en sentido antihorario ao longo dos bordos.

Estados costeiros Ao Oeste Gran Bretaña.

Ao Sur Francia Bélxica Países Baixos Alemaña

Ao Leste Dinamarca Noruega

Principais ríos que desembocan no mar Río Elba (1165 km), desemboca en Cuxhaven (Alemaña). Río Weser (452 km), desemboca en Bremerhaven (Alemaña). Río Ems (371 km), desemboca en Emden (Alemaña). Río Rin (1230 km), desemboca en Rotterdam (Países Baixos). Río Mosa (950 km), desemboca en Rotterdam (Países Baixos). Río Escalda (355 km), desemboca en Flesinga (Países Baixos). Río Támese (346 km), desemboca en Southend-on-Sea (Inglaterra). Río Trent (298 km), desemboca en Kingston upon Hull (Inglaterra). Río Ouse (84 km), desemboca en Kingston upon Hull (Inglaterra). Río Tyne (321 km), desemboca en South Shields (Inglaterra) Río Forth (47 km), desemboca en Stirling (Escocia) Río Tay (188 km), desemboca en Dundee (Escocia) Río Ijzer, desemboca en Nieuwpoort (Bélxica)

Tráfico marítimo miniatura|Mar do Norte O mar do Norte é moi importante para o tráfico marítimo. Algúns dos portos máis grandes do mundo sitúanse nas súas costas ou ben nas beiras dos ríos poucos quilómetros río arriba da súa desembocadura (é o caso, por exemplo, de Rotterdam -terceiro porto do mundo-, Anveres, Hamburgo e Londres), ou ben teñen un fácil acceso, como o de Ámsterdam, cousa que fai que dispoña de rutas marítimas moi solicitadas. É vital para o comercio da Europa Occidental. Principais portos Francia: Calais Dunkerque Bélxica Ostende Zeebrugge Países Baixos Anveres Flesinga Rotterdam Den Helder Alemaña Emden Wilhelmshaven Bremenhaven Cuxhaven Dinamarca miniatura|Vista do porto de Esbjerg desde a torre da auga. Esbjerg Noruega Oslo Kristiansand Stavanger Bergen Escocia Aberdeen Dundee Edimburgo Inglaterra Newcastle upon Tyne Sunderland