Os castelanismos morfosintácticos no galego poden ser clasificados segundo a clase ou subclase de palabra á que afecten:
Castelanismos no substantivo no xénero:*a legume por o legume, *o análise por a análise. no número:*ies por is, *tabúes por tabús
Castelanismos no artigo emprego dos singulares *tódolo e *tódala. utilización da forma plena das preposición por e con no canto da crase: *por o camiño, *con a axuda alteracións no uso: antropónimos, posesivos,... emprego da forma masculina cos substantivos femininos: *o auga non usar o artigo cando corresponde: ás veces, de todas as formas, por todos os lados
Castelanismos no pronome persoal utilización da forma plena das preposicións de e en cos pronomes el/es, ela/s. emprego de eu no canto de min, sobre todo en función oblicua (é máis alto ca *eu, por é máis alto ca min) substitución sistemática de si polas formas analíticas e non reflexivas (para el, con el, canda el). uso do pronome *elo. ausencia de connosco, convosco. desaparición dos valores de el (el pleonástico, reforzo interrogativo...). desuso de nosoutros, vosoutros, nosoutras, vosoutras. emprego da forma reflexiva co verbo afogar cando é unha acción fortuíta: *afogouse a consecuencia dunha cambra. emprego da forma reflexiva do verbo marchar cando non indica unha longa ausencia: *marchouse pola mañá e volveu pola tarde. uso do pronome reflexivo con verbo que porta o.d.: *laveime as mans. uso pronominal de verbos que non o son: rinse moito confusión te/che. emprego de lle, lles no canto de o, os. aparición dun reflexivo de interese inexistente: *non me creo o que contas, *non te merecías ese trato. uso de verbos de movemento como reflexivos cando non admiten a forma reflexiva: *caeuse da bicicleta, *subinme, *baixouse. casar, beber, comer, morrer, etc. non admiten nunca a forma reflexiva. ausencia do pronome de solidariedade. colocación falsa do pronome.
Castelanismos no demostrativo non utilización das contraccións do demostrativo. En especial co indefinido outro. non utilización sistemática dos usos e valores especiais do demostrativo. *estos, *esos, *aquelos por estes, eses, aqueles non emprego dos valores de daquela ausencia de secuencias feitas tradicionais: con estas, nestas...
Castelanismos no posesivo non utilización do artigo cando é de regra: este é o meu coche, o seu é esoutro desaparición do posesivo distributivo cadanseu(s), cadansúa(s): colleron cadansúa bicicleta, os partidos A e B conseguiron cadanseus cinco concelleiros utilización do posesivo e non do pronome persoal átono correspondente: reservou a nosa viaxe por reservounos a viaxe.
Castelanismos no indefinido Emprego de *calquer, *calqueira, *quenqueira, *alguien emprego de algún/s, algunha/s en oracións negativas (*non me causou problema algún). O emprego de unhos ou unhes é unha forma correcta en galego, especialmente no bloque central. Fóra deses casos e deses usos patrimoniais, pode ser considerado castelanismo.
Castelanismos no relativo e interrogativo emprego de *cuyo ou *cuio no canto de cuxo emprego de *quenes (non ten plural)
Castelanismos no verbo substitución de paradigmas de tempos verbais polos do castelán: dea/*de, deas/*des,...; estea/*esté,... desaparición das alternancias do radical do tipo durmo, dormes, dorme..., sirvo, serves, serve. desaparición das alternancias do radical do tipo bebo, bEbes, bEbe... e como, cOmes, cOme... variacións na vogal temática: bater, combater, debater, concorrer, discorrer, ocorrer, percorrer, recorrer, transcorrer, render, rexer, converter, xemer... castelanismos no presente e no perfecto dos verbos en -ecer e -ucir: *conduxen, *obedezca. castelanismo no presente dos verbos en -aer, -oer, -aír, -oír, -uír: *traigo, *intuio alteración da 4ª persoa do perfecto dos verbos do segundo grupo: comemos / *comimos castelanismos nos temas de perfecto dos verbos irregulares castelanismo nos verbos en -er (<eer), e -ir (<iir): *lees, *ríes. alteracións na conxugación irregular: *cupo, *estuvo, *valdrei, *vades, *valga uso da cuarta persoa do presente do indicativo de vamos (imperativo) per imos. uso da perífrase ter + participio como forma composta de antepresente uso da perífrase haber + participio, especialmente en pluscuamperfecto. utilización da perífrase houbese + participio máis alá das súas posibilidades. redución do riquísimo sistema do galego de perífrases verbais uso da preposición a en construcións perifrásticas do tipo ir + infinitivo. desuso do infinitivo conxugado, mesmo en casos en que é obrigatorio. alteracións da natureza funcional do verbo: Recoméndase o emprego de recorrer como verbo intransitivo, coa preposición contra: *recorreu a sentenza. Uso reflexivo dos verbos rabuñar, calzar, cravar, lavar, afeitar... cando van acompañados de o.d. : *fíxenme un pantalón na costureira. Determinados verbos son empregados como transitivos cando, nun correcto galego, deberían empregarse como intransitivos: *cesaron o director, *foron cesados Informar é intransitivo cando significa ‘emitir un informe’ e está acompañado da preposición sobre: *informaron negativamente a petición. O mesmo acontece con dictaminar. Algúns verbos só son reflexivos nalgunha das súas acepcións (cerrar, coidar, correr, curar, endurecer, romper, saber... : *a tenda cerrouse por falta de clientes. Uso reflexivo de verbos que non o son en ningún caso: *morreuse o seu home.
Castelanismos no adverbio redución do número de adverbios. Utilización exclusiva dos que existen en español. emprego de *mentras, *ahora.
Castelanismos na preposición segundo termo da comparación, con nomes de parentesco, e con nomes propios de persoa: *vin teu irmán no cine, *matou ó gato. igualación de ata e deica e de sobre e encol de redución do sistema de preposicións. Empréganse exclusivamente as que se asemellan ó español ou teñen tradución directa e non outras como canda, onda, perante, malia,... aparición da preposición a na perífrase a + infinitivo aparición da preposición a indebidamente co o.d. en liñas xerais debe empregarse cando o o.d. é un pronome persoal tónico, o emprego de *hasta, *hastra, *sin, *según,...
Castelanismos nos nexos uso da realización i da conxunción e ante consoante, o ou u: *i despois. uso erróneo de como e coma e de ca, que: é tan alto *como ti. Gasta máis *ca gaña.
Castelanismos na interxección substitución das interxeccións polas castelás
Véxase tamén
Categoría:Lingüística galega