Willem Einthoven, nado en Semarang, (actual Indonesia), o 21 de maio de 1860 e finado en Leiden (Países Baixos) o 28 de setembro de 1927, foi un médico neerlandés.
Traxectoria Fillo dun médico militar, naceu na colonia holandesa de Xava, hoxe Indonesia. Trala morte do pai, a familia regresou ó seu país, onde Einthoven acabou obtendo a licenciatura en Medicina na Universidade de Utrecht.
Pronto foi nomeado profesor de fisioloxía e histoloxía na Universidade de Leiden, onde desenvolvería o seu labor investigador. Ós 26 anos de idade, era un científico de notable reputación, participaba en numerosos foros científicos internacionais e falaba varias linguas con extraordinario dominio.
En 1901, Einthoven publicou o seu primeiro artigo científico comunicando as súas experiencias co galvanómetro de corda e a súa utilidade para o rexistro dos potenciais cardíacos ("Un nouveau galvanométre. Arch Néerland Sci exactes naturelles, Serie 2, 6:625-633"). Cinco anos máis tarde, describía con detalle as aplicacións clínicas do electrocardiograma nun artigo titulado: "Le telecardiogramme (1906). Arch Int Physiol. 4:132-164". Este artigo sentou as bases para a extraordinaria avalancha informativa que se desenvolveu desde entón acerca desta imprescindible ferramenta na análise cardiolóxica.
Os seus traballos fixéronlle merecedor do Premio Nobel de Medicina en 1924.
Véxase tamén
Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Nados na provincia de Xava Central Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1927 Categoría:Médicos dos Países Baixos Categoría:Premios Nobel dos Países Baixos