Jaume Pérez Montaner, nado en L'Alfàs del Pi en 1938, é un escritor valenciano en lingua catalá.Reseña de Jaume Pérez Montaner en www.escriptors.cat
Traxectoria Estudou en Alcoi, nestes anos coñeceu a Joan Fuster, o que o marcou fondamente e o achegou ao coñecemento da literatura en lingua catalá. Fixo filosofía e letras na Universidade de Valencia e polas súas actividades antifranquistas estivo preso durante quince meses. Dende 1967 e durante anos viviu nos Estados Unidos exercendo como profesor en varias universidades. Profesor de literatura catalá na Universidade de Valencia. Dende 1999 até 2007 presidiu a Associació d'Escriptors en Llengua Catalana.Jaume Pérez i Montaner en www.enciclopedia.cat
Adveniment de l'odi, o seu primeiro poemario, que publicou en 1976, aínda que está escrito entre 1973 e 1975, ten como tema central a saudade pola terra e a esperanza de volver a ela. Entre os seus outros poemarios destacan Museu de cendres (1980), L'heura del desig (1985), Fronteres (1994), L'oblit (1996). Tamén é autor de diversos ensaios de crítica literaria.
Notas
Categoría:Poetas en lingua catalá Categoría:Ensaístas de España Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en L'Alfàs del Pi Categoría:Nados en 1938