A fascia (do latín, "fita", "banda") é unha lámina de tecido conectivo que se estende polo corpo. É un tecido conectivo que rodea músculos, grupos de músculos, vasos sanguíneos, e nervios, uníndoos mediante unha cuberta común. Está constituída por varias capas: a fascia superficial, a fascia profunda, e unha fascia subserosa (ou visceral) e se estende de forma ininterrompida de arriba a baixo.
Ao igual que os ligamentos, aponeuroses, e tendóns, as fascias son densos tecidos conectivos, conteñen numerosas fibras de coláxeno orientadas en paralelo ás forzas de tensión. Debido a esta disposición, as fascias son tecidos moi resistentes, especialmente a forzas que se exerzan cunha traxectoria paralela ás fibras coláxenas. Estas fibras son producidas por unha célula denominada fibroblasto, presentes en toda a superficie fascial.
A composición da fascia polo tanto é moi semellante á do tendón ou á do ligamento pero o ligamento se dispón entre óso e óso con funcións na mobilidade e estabilidade articular. Os tendóns unen un músculo ao óso, tanto na inserción proximal coma na caudal.
Definición Existe controversia en que estruturas deben ser consideradas fascia e cales non, e como se deben clasficar as fascias. As dúas clasificacións máis relevantes hoxe en día son: a especificada na edición de 1983 da Nomina Anatomica (NA 1983) a especificada na edición de 1997 da Terminologia Anatomica (TA 1997)
NA 1983 TA 1997 Description Example Fascia superficial (non considerada fascia neste sistema) Atópase no tecido subcutáneo na maioría do organismo, limitando coa capa reticular da derme. Fascia de Scarpa Fascia profunda Fascia dos músculos É o tecido conectivo denso que rodea e encapsula os músculos, ósos, nervios e vasos sanguíneos. Fascia transversal do abdome Fascia visceral Fascia visceral, fascia parietal Suxeita e protexe os órganos, cubríndoos con coláxeno e outras substancias. Pericardio
Función As fascias habitualmente considéranse estruturas pasivas que transmiten as forzas xeradas polo movemento muscular ou por forzas externas, ao longo de todo o organismo humano. Algunhas investigacións indican que as fascias poden contraerse, ou ben xunto ao músculo que cobren ou ben de xeito autónomo.
As fascias que recobren músculos protéxenos ademais da fricción que se produce co seu movemento: Proporcionan unha cuberta deslizante para o correcto movemento. Manteñen os óganos no seu sitio natural. Transmiten o movemento dende o músculo ata o óso no que se insiren. Proporcionan unha zona de paso para os nervios e vasos sanguíneos, a través da cal poden discorrer protexidos entre os distintos músculos.Faller, A; Schuenke, M (2004) The Human Body, Thieme, p. 127
Notas
Véxase tamén Outros artigos Fasciotomía
Ligazóns externas
Fascia Research
Categoría:Aparato locomotor